Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/388-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Riba-Santa Eulalia.

Situación: Valdoviño.

Características técnicas: ramal L.M.T. aérea a 20 kV de 63 m de lonxitude, en LA-56 que une a L.M.T. Loira-Cedeira co C.T. Riba tipo aéreo de 50 kVA e adaptación á rede de baixa tensión. Concello de Valdoviño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 14 de decembro de 1998.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

11877