Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos LU-E 462/98.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relacionan, ó non podéreselle notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse de seguido:

Nome: Tropicana Lugo CB (Mª Ángeles Riego e Manuel López).

DNI/NIF: E-27.122.126.

Nº do expediente: LU-E 492/98.

Precepto infrixido: 26-e) L.O. 1/1992.

Último domicilio: r/ Tui 11, Lugo.

Multa: 50.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interpoñer-lo interesado recurso ordinario, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, con cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 9 de decembro de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo