Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 26 de xaneiro de 1999 Páx. 927

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos LU-E 493/98.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a quen non se lle puido facer por correo certificado a proposta de resolución dictada no expediente de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase de seguido:

Nome: Mar Ribadeo CB (Manuel Cociña, Antonio Díaz e Rocio Pertejo).

DNI/NIF: E-27.166.917.

Nº do expediente: LU-E 493/98.

Precepto infrinxido: 23-o) en relación co 26-e) L.O. 1/1992.

Último domicilio: Pasaron e Lastra s/n, Ribadeo.

Multa: hasta 250.000 ptas. e/ou suspensión da licencia polo período de ata 6 meses.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 9 de decembro de 1998.

José Mª Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo