Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 644

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación de sentencia. (96/1998).

En nome da súa maxestade El-Rei. En Santiago de Compostela o 26 de novembro de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado coa referencia nº 96/1998, no que actuaron como partes, como denunciante o policía local número 128 e como denunciado Luis Iglesias García.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito

Primeiro. O xuízo sinalado despois de sinalarse día e hora para levarse a cabo e das correspondentes citacións legalmente efectuadas compareceron tódolos citados no encabezamento, agás o denunciado.

Segundo. Que no acto do xuízo oral despois de realizarse, en conformidade co disposto na lei, no trámite de conclusións solicitou:

-O Ministerio Fiscal a condena do denunciado como autor dunha falta do artigo 636 do Código Penal á pena dun mes de multa cunha cota diaria de 3.000 ptas.

-O denunciante adheriuse á petición do Ministerio Fiscal.

Terceiro. Que na tramitación deste procedemento se observaron as prescricións legais.

Feitos probados:

Que o día 5 de novembro de 1997 sobre as 9.30 horas o denunciado circulaba co vehículo camión Nissan matrícula C-7005-BK, pola rúa Romero Donallo desta cidade de Santiago de Compostela, carecendo de seguro obrigatorio de responsabilidade civil que o amparase no exercicio da dita actividade.

Fundamentos de dereito

Primeiro. Os feitos declarados probados constitúen unha falta do artigo 636 do Código Penal da que aparece como autor responsable dela o denunciado.

Segundo. Non amosou o recibo do seguro obrigatorio o día da denuncia ó policía local que testemuñou no acto do xuízo, e non presentándoo desde aquel día e non acudindo ó xuízo, despois de estar citado en legal forma, onde podía facer descargo de tal imputación, implica a ter por acreditada a inexistencia deste naquela data.

Terceiro. As custas procesuais por imperativo legal impóñenselle ó denunciado.

En aplicación do artigo 50.5º do Código Penal procede impoñe-la pena de multa no mínimo legalmente previsto de 200 ptas.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

DECIDO:

Que debo condenar e condeno a Luis Iglesias García como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código Penal á pena de multa dun mes a razón de 200 ptas. de cota diaria, así como as custas procesuais, e que deberá pagar unha vez que sexa requirido para iso.

A pena deberá pagarse unha vez firme a presente resolución e de non o facer así nin cobrarse por vía de constrinximento cumprirá a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código Penal nun centro penal.

Contra esta sentencia poderán interpoñe-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto

constitucional ou legal nas que se basee a impugnación, e fixarase o domicilio para notificación. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción de normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente, en termos tales que non poida ser reparada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a reparación da falta ou infracción en primeira instancia, agás no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das propostas que lle foron debidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron realizadas por causas que non lle son imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu

indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Publicación. No día de hoxe deuse en vista pública lectura á anterior resolución.

Rubricado