Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 643

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (69/1997).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido certifica que no xuízo de cognición que neste xulgado se segue baixo o nº 69/1997, por instancia de Allianz-Ras contra Manuel Antonio Argimiro Liñares Rey e empresa Grille-Capelo, nos cales se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 16/1998. En Negreira o tres de febreiro de mil novecentos noventa e oito.Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu

partido os presentes autos de xuízo de cognición sobre reclamación de cantidade, seguidos no nº 69/1997, por instancia de Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Allianz-Ras, compañía de seguros, con docmicilio social na r/ Juan Flórez nº 38-2º da Coruña e con dirección letrada de Ricardo Ferrer Jaureguizar, contra Manuel Antonio Argimiro Liñares Rey, maior de idade, casado, con domicilio na r/ Carreira de San Mauro (Negreira), representado polo procurador José Andrade Suárez, e con asistencia do letrado Cardeso Maroñas e contra a empresa Grille-Capelo con domicilio social na Pereira (Santa Comba), que foi declarada en rebeldía, dictouse a presente sentencia en nombe de El-Rei. Decido que estimando a demanda deducida polo procurador Regueiro Muñoz en nombe e representación da compañía de seguros Allianz-Ras debo condenar e condeno, solidariamente, a Manuel Antonio Argimiro Liñares Rey e á empresa Grille-Capelo, a que aboen á demandante a cantidade de cento trinta e seis

mil duascentas pesetas(136.200 ptas.) e xuros legais, facendo expresa condena en custas. Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días desde a notificación ás partes, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Así por esta miña sentencia, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación en forma á empresa Grille-Capelo, en situación procesual de rebeldía, expido esta cédula en Negreira o catorce de outubro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado