Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 645

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (97/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido.

Fai saber: que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 97/1998 por instancia de José Cajuso García contra Domingo Ropero Pérez e José Luis Figueiras García nas actuacións do cal se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei. En Santiago de Compostela, o 26 de novembro de 1998, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 9/1998 no que actuaron como partes, como denunciante José Cajuso García e como denunciados Domingo Ropero Pérez e José Luis Figueiras García. Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a Domingo Ropero Pérez e José Luis Figueiras García da falta que se lle imputaba con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñelos interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de cinco días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que

se expoñerán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e que se fixará domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e se expresasen as razóns da indefensión.

Así mesmo deberá acreditarse que se pediu a reparación da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron realizadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de probas produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronuncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da sua razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a Domingo Ropero Pérez e José Luis Figueiras García expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o trinta de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado