Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 645

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (143/1998).

Nos autos de xuízo verbal de faltas, seguidos neste xulgado co número 143/1998, dictouse sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o once de decembro de mil novecentos noventa e oito. José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 143/1998, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes o denunciante Manuel Pais Casal e o denunciado Francisco Barga Pais (seguen antecedentes de feito).

Feitos probados. Fundamentos de dereito. Decido que debo condenar e condeno a Francisco Barga Pais, como autor dunha falta de ameazas do artigo 620.2º do Código Penal, á pena de multa de dez días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de cincocentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias

non satisfeitas. Así mesmo condénoo ó pagamento das custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no DOG e para que sirva de notificación en forma ó denunciado Francisco Barga Pais, actualmente en ignorado paradoiro, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o once de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado