Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CÉDULA do 23 de decembro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se notifica a resolución do expediente disciplinario incoado a Juan Manuel Allegue López.

Con data do 19 de outubro de 1998, o conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou resolución, en cumprimento do acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 10 de setembro de 1998, recaída no expediente disciplinario incoado pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Intentada a notificación desta resolución sen poder practicala, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio da presente cédula notifícase a Juan Manuel Allegue López, laboral temporal da Xunta de Galicia, grupo V, categoría 12 (peón especializado), para que o expedientado poida ter coñecemento dela, constando nos locais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública, Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais (edificio administrativo San Caetano nº 1-3º, 15770 Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula no DOG.

Transcorrido o dito prazo sen que compareza o interesado, farase efectiva a resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública do 19 de outubro de 1998.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública