Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 19 de xaneiro de 1999 Páx. 646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece como instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica da minicentral hidroeléctrica do pé da presa do encoro de Vilasouto, no río Mao, termo municipal do Incio, provincia de Lugo. (Expediente 5061 A.T.).

Visto o escrito presentado por Ignacio Lapuente Bujía, con enderezo para efectos de notificacións en r/ Manuel Gómez Moreno, s/n, 28020 Madrid, no que solicita autorización administrativa, aprobación do proxecto das novas instalacións electromecánicas e recoñecemento de instalación acollida ó Réxime Especial Producción Eléctrica (REPE) da central hidroeléctrica de Vilasouto, situada no río Mao, concello do Incio, provincia de Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O 8 de maio de 1996, Ignacio Lapuente Bujía, en nome e representación de Elecdey, S.L., presentou solicitude de concesión para derivar 3.000 litro/s de auga da presa de Vilasouto, para utilizar na central do pé da presa, con destino á producción de enerxía eléctrica, no termo municipal do Incio, provincia de Lugo, e xunta a documentación esixida no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, polo que se establece o procedemento abreviado de tramitación de concesións e autorizacións administrativas para a instalación, ampliación ou adaptación de aproveitamentos hidroeléctricos nos que a potencia nominal non exceda de 5.000 kVA, modificado polo Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-A solicitude de autorización administrativa da central someteuse a trámite de información pública, para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 916/1985, do 25 de maio, xa citado.

Terceiro.-O 6 de xullo de 1998, a Confederación Hidrográfica del Norte resolveu outorgar a Elecdey, S.L. a concesión para aproveitar 3.100 l/s do río Mao, con destino á producción de enerxía eléctrica na central do pé da presa do encoro de Vilasouto, termo municipal do Incio (Lugo), dos cales 3.000 l/s se utilizarán na central que se vai construír augas abaixo do encoro e os 100 restantes turbinaranse nun grupo que se vai instalar ó pé da presa. O tramo afectado polo aproveitamento será o comprendido entre a actual presa de Vilasouto e o punto onde se restitúen as augas á cota 421.

Cuarto.-O 16 de setembro de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou aproba-lo dictame ambiental correspondente ó dito proxecto.

Quinto.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Vilasouto, segundo o proxecto da súa execución, asinado polo enxeñeiro de camiños,

canles e portos Javier Moreno Robles e polo enxeñeiro industrial Guillermo Planas Roca, constan dun equipo productivo, que se situará nun edificio de 12x7 m, constituído polos seguintes elementos:

-Dúas turbinas Francis de eixe horizontal, de 722 kW de potencia nominal, velocidade nominal de 750 r.p.m. e salto neto medio de 40 metros.

-Dous xeradores asíncronos trifásicos de 722 kW de potencia, tensión nominal de 600 V e frecuencia 50 H.Z.

-Un grupo turbina-alternador de 45 kW situado ó pé da presa para turbina-lo caudal ecolóxico.

-Un transformador de potencia trifásico de 1.500 kVA, grupo de conexión Dyn11, relación de transformación 0,660/20 kV.

-Unha ponte guindastre monorraíl de 5 metros de luz y 20 Tm de capacidade de elevación.

-Celas de B.T. (de grupos de xeración, de protección, de batería de condensadores, de neutro grupo) e celas de 20 kV (de seccionamento, de medida, de interruptor de liña e proteccións).

-Instalacións de medida, control, protección e manobra.

Sexto.-O 13 de outubro de 1998, o xefe de servicio de industria da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo emitiu informe favorable, no que propuxo a súa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e inclusión da dita instalación no réxime especial de instalacións de producción de enerxía eléctrica.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1998, do 18 de marzo, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la instalación dos equipos electromecánicos reflectidos no proxecto denominado minicentral hidroeléctrica do pé da presa do encoro de Vilasouto no río Mao, concello do Incio, provincia de Lugo.

2. Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica referida.

3. Recoñecerlle a esta instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovable, e incluíla no grupo f) do artigo 2º do dito real decreto.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade, medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

En contra desta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria