Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 1999 Páx. 317

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de decembro de 1998 pola que se acorda facer pública a convocatoria de axudas económicas para a realización de accións descentralizadas do Programa Sócrates: Comenius 1 Asociacións entre centros escolares para a elaboración de proxectos educativos europeos, Lingua C Axudas para futuros profesores de idiomas e Arión Visitas de estudio para responsables en materia educativa.

O Programa Sócrates foi adoptado o 14 de marzo de 1995 (decisión nº 819/95/CE do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea) e publicado no Diario Oficial das Comunidades Europeas o día 20 de abril de 1995, co obxectivo de contribuír ó desenvolvemento dunha educación e formación de calidade e dun espacio europeo aberto á cooperación en materia de educación.

A Comisión Europea anuncia anualmente no Diario Oficial das Comunidades Europeas as axudas concedidas no marco do Programa Sócrates. A Guía do Candidato, publicada pola Comisión Europea, contén a información sobre procedementos de solicitude, data límite de presentación de solicitudes e criterios que deberán ser considerados durante o proceso de selección.

Na decisión do Parlamento Europeo indícase que os estados membros adoptarán as disposicións necesarias para garanti-la coordinación e organización a escala nacional da execución do programa, en particular, establecendo estructuras e mecanismos axeitados no ámbito nacional. Neste senso créase a Axencia Nacional Sócrates, para a coordinación e organización do Programa no Estado español.

A Orde do 30 de decembro (BOE do 10 de xaneiro de 1997) establece as normas xerais ás que deben aterse as convocatorias específicas de axudas das accións descentralizadas do Programa Sócrates. No punto cuarto.1 establece que o Ministerio de Educación e Cultura e as comunidades autónomas en pleno exercicio das competencias educativas publicarán nos seus correspondentes diarios oficiais as convocatorias específicas de axudas.

A Axencia Nacional Sócrates, en nome da Comisión Europea, concederá apoio financeiro ós centros e profesores que as diferentes administracións educativas competentes teñan seleccionados.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocar axudas económicas para participar nas seguintes accións do Programa Sócrates: Comenius 1, Lingua C e Arión, así como facer públicos os criterios de selección de cada unha delas. En todo caso, as axudas establécense con cargo ós contratos establecidos entre a Axencia Nacional Sócrates e a Comisión Europea, polas cantidades que resulten da aplicación da fórmula de reparto entre as distintas administracións en exercicio de plenas competencias educativas, que foi aprobada por Orde do 30 de decembro de 1996 (BOE do 10-1-1997) do Ministerio de Educación e Cultura.

Segundo.-Os proxectos terán que cumpri-las características e especificacións que a Comisión Europea establece na Decisión 819/95/CE. A información exhaustiva sobre as distintas accións pode consultarse na Guía do Candidato 1998 e o apéndice para 1999, que foi remitida ós servicios provinciais de Inspección das delegacións provinciais, centros de formación continuada do profesorado e centros docentes.

Terceiro.-As solicitudes para as distintas accións do programa, así como o anexo I de datos bancarios, deberán presentarse nos impresos para tal fin, que serán facilitados polos servicios provinciais de Inspección das delegacións provinciais, polos centros de formación continuada do profesorado e pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os impresos de solicitude, así como outra información relacionada pode atoparse na páxina Web da Consellería de Educación: http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/seaxe. Deberán presentarse escritas nun dos idiomas ofi

ciais da Unión Europea e por triplicado para cada acción.

Cuarto.-As solicitudes por triplicado, dirixiranse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Lázaro 107. 15771 Santiago de Compostela) e presentaranse a través do rexistro xeral. Tamén poderán utilizarse para a presentación de solicitudes calquera das dependencias previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude nunha oficina de correos, farano en sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

Quinto.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria realizará a selección dos proxectos ou dos candidatos a través dunha comisión que terá en conta os criterios ou prioridades establecidos para cada unha das accións, sempre que se cumpran os obxectivos específicos de cada unha, valorando os méritos que os solicitantes puideran achegar de cara á xustificación dos seus obxectivos.

Sexto.-A comisión estará formada polos seguintes membros:

Presidente: o subdirector xeral de Ensinanzas Profesionais e Formación de Adultos, ou persoa na que delegue.

Vocais: o xefe de Servicio de Educación de Adultos e Xestión Económica, o xefe do Servicio de Formación do Profesorado e un inspector educativo, ou persoas nas que deleguen.

Secretario/a: un/unha funcionario/a destinado na Subdirección Xeral.

Sétimo.-Tendo en conta a proposta da Comisión, o director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, resolverá a convocatoria, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Os interesados poderán recibir maior información nos servicios provinciais de Inspección das delegacións provinciais, nos centros de formación continuada do profesorado e na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Noveno.-O pago da axuda será feita por parte da Axencia Nacional Sócrates, que enviará un contrato a cada un dos centros ou beneficiarios seleccionados. As actividades iniciaranse unha vez que o contrato estea asinado.

Décimo.-Calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión de axudas, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Décimo primeiro.-Os beneficiarios estarán obrigados a:

1. Comunicar, se é o caso, a obtención de axudas para a mesma finalidade.

2. Someterse ás actuacións de control financeiro que correspondan e ás de comprobación que poidan efectuar a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Nacional Sócrates e as instancias comunitarias competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da documentación específica en cada convocatoria, da forma especificada no contrato.

Décimo segundo.-Toda a xustificación pedagóxica das accións será enviada á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. San Lázaro, 107. 15771 Santiago de Compostela. A xustificación económica dirixirase á Axencia Nacional Sócrates. Bravo Murillo, 38. 28015 Madrid.

Décimo terceiro.-A non xustificación da axuda percibida segundo o disposto nestas bases implicará o reintegro das cantidades non xustificadas e a esixencia dos xuros de demora, sen prexuízo das responsabilidades administrativas nas que poida incorrer de acordo co establecido nos artigos 81 e 82 da Lei xeral orzamentaria, na súa nova redacción dada pola Lei 31/1990, do 27 de decembro, nos que se regula a xestión e concesión de axudas e subvencións públicas financiadas en todo ou en parte, con fondos da Unión Europea.

Décimo cuarto.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Décimo quinto.-Contra a presente resolución e os actos que se deriven dela, os interesados poderán interpoñe-los recursos previstos na lexislación vixente.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

NORMAS ESPECÍFICAS PARA CADA ACCIÓN

Comenius Acción 1. Asociacións multilaterais entre centros escolares baseadas nun proxecto educativo europeo.

O principal obxectivo desta acción é promove-la dimensión europea da educación, impulsando a cooperación entre centros de ensino da Unión Europea que, respecto dun Proxecto Educativo Europeo, contribúa a mellora-lo coñecemento de idiomas e culturas dos diferentes países da Unión.

As asociacións de centros escolares que desenvolvan un Proxecto Educativo Europeo serán de polo

menos tres países, dos que un terá a responsabilidade de coordina-lo dito proxecto. Se fora precisa axuda para buscar socios poden utilizarse as seguintes páxinas Web:http://www.oei.es/socrates.htm, http://www.xunta.es/conselle/ceoug/dxoefp/seaxe ou os centros de formación continuada do profesorado.

A axuda anual establecida para o centro coordinador é de 3.000 ECU e de 2.000 ECU para os centros asociados, renovable por un máximo doutros dous anos, sempre e cando se solicite a renovación e se acade avaliación positiva.

Os proxectos poderán estar cofinanciados por outros organismos.

Poderán participar neste programa os centros públicos e privados que impartan as seguintes ensinanzas:

a) Ensinanzas establecidas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo: educación infantil, educación primaria, educación secundaria, formación profesional específica e ensinanzas artísticas.

b) Ensinanzas correspondentes ó sistema anterior á citada lei: bacharelato unificado polivalente, Plan especial de reforma das ensinanzas medias, curso de orientación universitaria, formación profesional regrada, artes aplicadas, oficios artísticos e cerámica, educación de adultos, arte dramática e danza, música e turismo.

O Proxecto Educativo Europeo deberá estar integrado na Programación anual do centro e deberá contar co apoio dos órganos de goberno del. Polo seu carácter multidisciplinar, deberá desenvolverse en equipo e contribuír á mellora do rendemento académico.

As actividades de mobilidade individual para profesores: visitas preparatorias, visitas de estudio, intercambios de profesores e prácticas en empresas para profesores, deberán estar directamente relacionadas coa realización dos obxectivos do proxecto e contribuír ó fortalecemento da asociación entre os centros escolares.

Os prazos de presentación de solicitudes e datas de realización das actividades son as seguintes:

Proxectos educativos europeos:

Convocatoria Data límite de presentación de solicitudesPeríodo de realización

Primeira 1 de marzo de 19991-9-1999 a 30-6-2000

Segunda 1 de novembro de 19991-3-2000 a 28-2-2001

Visitas preparatorias:

Convocatoria Data límite de presentación de solicitudesPeríodo de realización

Primeira 1 de marzo de 19991-5-1999 a 30-10-1999

Segunda 20 de xuño de 19991-8-1999 a 30-11-1999

Terceira 20 de outubro de 19991-2-1999 a 28-2-2000

Visitas de estudio: deberán ter concedida a renovación do primeiro ano do Proxecto Educativo Europeo. As solicitudes terán o mesmo prazo que as visitas preparatorias.

Intercambios e prácticas en empresas para profesores: deberán realizarse no marco dun PEE ou

contribuir ó establecemento dun novo proxecto e ó desenvolvemento profesional dos profesores.

Os centros que desexen solicitar axudas deberán presenta-la seguinte documentación:

a) Formulario de solicitude establecido pola Unión Europea por triplicado. O centro asociado deberá presentar, ademais, unha copia do formulario presentado polo seu coordinador na axencia do seu país.

b) Certificado da Dirección do centro no que se faga constar que a actividade está recollida na Programación Xeral do Centro.

c) Comunicación dos centros estranxeiros aceptando a realización da actividade.

d) Para a solicitude de visitas preparatorias debe indicarse se o centro será asociado ou coordinador.

A valoración dos proxectos realizarase de acordo cos obxectivos da acción Comenius 1 establecidos pola comisión, dándose prioridade ós que teñan as seguintes características:

* Contribuír ó desenvolvemento da igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

* Mellora-lo rendemento escolar.

* Integrar alumnado con necesidades educativas específicas.

* Ter pouca experiencia en traballos transnacionais ou estar situado en zonas periféricas ou desfavorecidas.

* No caso das actividades de mobilidade individual priorizarase ó profesorado que fale unha lingua da Unión Europea diferente da do seu país, e non teña recibido axudas para desprazarse a outros países con anterioridade. Estas circunstancias deberán xustificarse para ser valoradas.

Xustificación da actividade:

a) O centro enviará unha memoria xustificativa da actividade, co grao de cumprimento dos obxectivos realizados, á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, unha vez rematado o período para o que se concedeu a axuda. Será requisito indispensable o envío desta memoria, xunto coa solicitude de renovación para proceder á prórroga do proxecto nos anos seguintes.

b) O director do centro enviará un certificado especificando os nomes do profesorado que coordinou e que participou no Proxecto Educativo Europeo e as horas de dedicación. O profesorado colaborador poderá recibir un documento de participación de un máximo de 30 horas e a persoa que actúe como coordinadora un máximo de 50 horas. Este certificado servirá para que a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional expida a certificación correspondente.

c) A xustificación económica realizarase directamente coa Axencia Nacional Sócrates, a través dunha ficha financeira que enviará a axencia e dos documentos especificados no contrato financeiro. Os xus

tificantes orixinais das cantidades recibidas polo centro escolar, que non sexa preciso enviar, quedarán en poder dos centros a disposición dos órganos de control financeiro.

Lingua. Acción C. Axudantías para futuros profesores de linguas.

A acción Lingua C, do Programa Sócrates, establece un período de prácticas nun centro de acollida de un país distinto do seu, para futuros profesores de linguas. Xeralmente tratarase do país onde a lingua oficial é a que o futuro profesor ensinará máis tarde, salvo excepcións encamiñadas a dar prioridade a linguas menos difundidas e menos ensinadas.

Os centros escolares da Comunidade Autónoma galega poderán recibir axudantes de outros países da Unión Europea, presentando a súa solicitude a través do formulario establecido para tal efecto.

Poderá solicita-las axudantías para futuros profesores de linguas o alumnado que teña nacionalidade española, cursara ou estea cursando os seus estudios nas universidades situadas na Comunidade Autónoma e acredite o cumprimento dalgún dos seguintes requisitos:

-No momento de presenta-la súa candidatura debe ter un título que o habilite como profesor/a de idiomas ou segui-los estudios correspondentes, e non ter traballado como profesor/a da lingua correspondente.

-No momento de incorporarse ó centro no que desenvolverá a súa función, debe te-la cualificación necesaria para ensinar unha lingua estranxeira nos centros de ensino recoñecidos en España ou ter rematados polo menos dous anos de estudios de ensino superior que dean acceso á carreira de profesor de idiomas.

Os criterios de selección de candidatos a axudantes Lingua C terán en conta os obxectivos da acción Lingua C establecidos pola comisión, valorando as seguintes características:

Terán preferencia os licenciados en linguas estranxeiras con nota media superior a notable.

Méritos

Máximo

de

puntos

Documentos

Méritos académicos.10Certificación acreditativa.

Títulos que acreditan o coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea.5Fotocopia compulsada do título.

Cursos de formación en linguas estranxeiras.2.5Certificado de participación.

Publicacións relacionadas con linguas estranxeiras.2.5Exemplares correspondentes.

Solicitar un país con lingua pouco utilizada na Unión Europea.5

O prazo para a presentación de solicitudes de axudantes e centros receptores rematará o 1 de febreiro de 1999.

Os candidatos a axudantes Lingua presentarán tres exemplares do formulario de solicitude, debidamente cubertos, nun dos idiomas oficiais da Unión Europea nos lugares sinalados no artigo cuarto, coa seguinte documentación:

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Fotocopia compulsada dos títulos ou certificados de depósito dos títulos alegados.

-Declaración xurada ou promesa de non ter traballado como profesor da lingua correspondente.

-Relación numerada dos documentos que achega para xustifica-los méritos que alega.

-Cantas xustificacións de méritos considere oportunas.

Así mesmo, os centros que desexen ser receptores de axudantes Lingua, deberán envia-lo formulario de solicitude por triplicado, nos lugares indicados no punto cuarto. Terán preferencia os centros que participaran ou participen en proxectos educativos con países da Unión Europea.

Os axudantes Lingua estarán sometidos ás seguintes condicións:

1. Poderán ser destinados a calquera centro de ensino ou formación recoñecido polas autoridades educativas competentes, incluídos os centros escolares de ensino primario, secundario, formación profesional e formación de adultos, excepto as universidades.

2. A duración da estadía será maior de 3 meses e menor de 8 meses. Deberán impartir, baixo a dirección dun profesor titular, entre 12 e 16 horas semanais, nas que ensinarán non só a súa propia lingua senón tamén información sobre o seu país de orixe. Deberán participar nas actividades culturais do seu centro de destino, procurando fortalece-la dimensión europea no centro e impulsa-la preparación dun proxecto europeo conxunto do centro de acollida e un centro do país de orixe do axudante.

3. Os axudantes Lingua percibirán, por medio da Axencia Nacional Sócrates, unha beca que consistirá no reembolso dos gastos de viaxe. Así mesmo, percibirán as mensualidades correspondentes, segundo o país de destino, de acordo cos importes estimados a continuación:

Alemaña: 671 ECU.

Austria: 696 ECU.

Bélxica: 597 ECU.

Dinamarca: 719 ECU.

Finlandia: 678 ECU.

Grecia: 550 ECU.

Francia: 663 ECU.

Irlanda: 521 ECU.

Islandia: 628 ECU.

Italia: 500 ECU.

Noruega: 726 ECU.

Países Baixos: 611 ECU.

Portugal: 500 ECU.

Reino Unido: 609 ECU.

Suecia: 700 ECU.

As cantidades reais serán as establecidas no contrato enviado pola Axencia Nacional Sócrates a cada beneficiario.

Por requirimento da Administración educativa correspondente, os centros que acollan os axudantes Lingua facilitarán a xustificación que acredite que os beneficiarios destinan as axudas ós fins para os que establece a acción Lingua C.

Arión. Visitas de estudio para responsables en materia educativa.

Esta acción prevé medidas transversais, complementarias de Comenius e destinadas a facilita-lo intercambio de información e experiencias educativas entre os Estados membros, co fin de que a diversidade e particularidades dos seus sistemas educativos se convirtan nunha fonte de enriquecemento e estímulo recíproco. Esta acción concede axudas para a realización de visitas de estudio multilaterais sobre temas de interese común dos estados membros.

Convócanse axudas, de 150.000 ptas. como máximo, financiadas pola Comisión Europea.

Poderán solicitar estas axudas os funcionarios en activo, destinados na Comunidade Autónoma e que realicen actividades de administradores de educación, asesores técnicos pedagóxicos, inspectores educativos, directores e xefes de estudio de centros escolares, todos eles vinculados profesionalmente a calquera dos tipos e niveis de ensino, excepto a universitaria. Os candidatos deberán falar polo menos unha das linguas oficiais da Unión Europea distinta da propia.

As visitas de estudio que se realicen en España non poderán ser solicitadas por funcionarios en activo ó servicio da Administración española.

Non se concederán estas axudas a candidatos que participaran no Programa nos dous anos académicos inmediatamente anteriores ó da presente convocatoria, a menos que o número de solicitudes sexa inferior ó da oferta de axudas.

A realización de visitas de estudio estará suxeita ós criterios e ó catálogo aprobado pola Comisión Europea, así como a súa adxudicación por parte da Oficina de Asistencia Técnica Sócrates e Xuventude (BAT) de Bruxelas. O catálogo enviarase, en canto estea dispoñible, ás delegacións provinciais e CEFOCOPs, para que o poidan consulta-los interesados.

As solicitudes formalizaranse no modelo facilitado pola Comisión Europea, que se atopa tamén nos servicios provinciais de inspección das delegacións provinciais e CEFOCOPs. Presentaranse catro exemplares , dous en español e dous en inglés ou francés. O prazo para a recepción de solicitudes rematará o 1 de abril de 1999.

Os criterios de selección de aspirantes serán os seguintes:

* Relación directa das funcións profesionais que se desenvolven co tema das visitas solicitadas: ata 3 puntos.

* Relación directa con outros axentes do sistema educativo ós que poder difundi-la experiencia: ata 3 puntos.

* Elaboración de un proxecto relativo a posibles estratexias para difundi-los resultados obtidos coa experiencia: ata 1 punto.

* Coñecemento doutras linguas oficiais comunitarias: ata 2 puntos.

* Participación en cursos de formación europeística (excepto Arión), traballos sobre Europa, etc.: ata 1 punto.

No caso de renuncia dun candidato deberá informar inmediatamente á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional e á Oficina Sócrates de Bruxelas, para a súa substitución entre os suplentes.

Os beneficiarios quedan obrigados a:

-Comunicar á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional a data da viaxe, calquera cambio que se poida presentar e a obtención de axudas coa mesma finalidade.

-Presentar na Axencia Nacional Sócrates os xustificantes orixinais dos gastos realizados: desprazamento, aloxamento, etc.

-Presentar na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional un informe da visita e o cuestionario de avaliación que se lles enviará. Tamén deberán enviar unha relación dos centros escolares estranxeiros cos que se estableceu contacto e que poderían colaborar con centros galegos.

O pagamento da axuda será a través da Axencia Nacional Sócrates, despois de realiza-la visita de estudio e presentada a xustificación da actividade.

ANEXO II

DATOS BANCARIOS

PROGRAMA E ACCIÓN:

NOME DO BANCO

NOME DA SUCURSAL

E DIRECCIÓN

CÓDIGO CONTA CLIENTE

(20 DÍXITOS)

TITULAR DA CONTA

11890