Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 214

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 2 de xaneiro de 1999 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 1999.

Dándolle cumprimento ó disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos servicios prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ata o de agora fixados pola Orde do 2 de xaneiro de 1998 (DOG 9, do 15 de xaneiro), así como establece-los prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a través dos servicios de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exaccións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes se acordará por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda; por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os prezos esixibles pola prestación de servicios e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, son as que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do carné xove Euro<26, carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovi das pola Dirección Xeral de Xuventude especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estos prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

Artigo 2º

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos recollidos nos puntos A.2.1 e A.2.2 do anexo I desta orde, relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude en instalacións en Galicia.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1999.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e ós servicios prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán, establécense os seguintes prezos por praza:

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1. Campamentos

Tarifa en ptas.

Por quincena 14.100

Por día 1.220

A.1.2. Albergues e residencias

Tarifa en ptas.

Por quincena 18.300

Por día 1.730

Estes prezos abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A.2.1. Campamentos

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena) 16.275

Promoción normal (quenda de 10 días) 12.000

Promoción normal (quenda de 7 días) 8.400

Cursos de especialidade (por quincena) 19.950

Aulas de aire libre (por quincena) 16.800

Aulas de natureza (por quincena) 16.800

Curso de piragüismo (por quincena) 19.950

A.2.2. Albergues

Tarifa en ptas.

Promoción normal (por quincena) 21.000

Promoción normal (quenda de 10 días) 13.900

Promoción normal (quenda de 7 días) 10.700

Cursos de especialidade (por quincena) 21.950

Cursos de idiomas estranxeiros (por quincena)...... 23.000

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí (quincena)... 27.250

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena)..... 23.000

Rutas turístico-culturais e deportivas 23.000

Cursos de piragüismo (por quincena) 23.000

A.2.3. Campos de traballo

Tarifa en ptas.

Ámbito autonómico e nacional (por quincena) 10.000

Ámbito internacional (por quincena) 10.000

B. Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAX), establécense os seguintes prezos por persoa:

ServiciosAta 26 anosMaiores de 26 anos

Pensión completa 1.8302.440

Media pensión (1) 1.4251.930

Aloxamento 7901.150

Aloxamento e almorzo 9701.425

Xantar ou cea 740 810

(1) Inclúe: aloxamento, almorzo e cea.

Para facer uso destes servicios deberase posuí-lo carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes), durante o curso 1999/2000, que abrangue do 1 de outubro de 1999 ó 30 de xuño do 2000.

Tarifa en ptas.

Residentes internos 36.100

Medio pensionistas externos (xantar e merenda) 14.650

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Adestramento/hora para

infantís e xuvenís 9901.425

Partidos 1.3602.620

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Ata dezaoito anos e

maiores/hora 550970

D.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora 265

Maiores de 18 anos 365

D.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís 130

Maiores de 18 anos 265

E. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ó aire libre:

E.1. Acampadas (con tendas da entidade): 75 ptas./día e persoa.

E.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

2.850 ptas./día/grupo de ata 100 usuarios.

5.090 ptas./día/grupo de 101 a 300 usuarios.

8.140 ptas./día/grupo de 301 a 500 usuarios.

13.540 ptas./día/grupo de máis de 500 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Carné xove euro<26 900 ptas.

Carné Máis 900 ptas.

Carné alberguista xove 500 ptas.

Carné alberguista adulto 1.000 ptas.

Carné alberguista grupo 2.000 ptas.

Carné alberguista familiar 3.000 ptas.

Carné alberguista internacional 1.800 ptas.

Guía internacional de albergues 700 ptas.

Carné teacher (ITIC) 1.000 ptas.

Carné go<25 (FIYTO) 700 ptas.

Carné student (ISIC) 700 ptas.

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante:

A. Programa «Vive a neve-99»

Andorra 38.000 ptas.

Serra Nevada 43.000 ptas.

Manzaneda 13.000 ptas.

B. IV Xuntanza de xoves investigadores 8.000 ptas.

11772