Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 08 de xaneiro de 1999 Páx. 211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Quegalsa.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Quegalsa, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados de persoal o día 6-11-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de novembro de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Quegalsa, Quesos de Galicia, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Sección primeira

Extensión e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio aplicarase no centro de traballo de Quegalsa, Quesos de Galicia, S.A., de Narón, ou calquera que no sucesivo se estableza.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores adscritos a esta empresa, tanto con carácter fixo como eventual.

Todo o persoal obrigado a este convenio ten o deber de cumprilo e esixi-lo seu cumprimento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio estará en vigor desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998 e prorrogarase de ano en ano, salvo o disposto no artigo seguinte.

A súa aplicación será inmediata á súa sinatura, sexa cal for a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sección segunda

Revisión e rescisión

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá formular denuncia, propondo revisión ou rescisión cunha antelación dun mes como mínimo á data da súa expiración, ou do período de vixencia de calquera das súas prórrogas.

En caso de denuncia, a negociación do novo convenio iniciarase durante o mes seguinte ó do vencemento do presente convenio.

Artigo 5º.-Incumprimento.

Todo o persoal afectado por este convenio poderá denuncia-lo seu incumprimento na totalidade ou parte deste.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria composta por parte da dirección por tres persoas en representación da empresa e por Andrés Lage Combarro, Francisco Fonte Pena e José Luís Díaz Pérez, por parte dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, na aplicación e interpretación deste convenio.

Sección terceira

Respecto de dereitos, compensación e absorción

Artigo 7º

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto das materias obxecto da súa regulación.

Artigo 8º

Sen prexuízo de que as melloras establecidas no convenio poidan estenderse a calquera situación, nin da facultade de amplialas, a empresa, se viñese aboando salarios superiores ós regulamentariamente esixidos, non estará obrigada a aplica-las subas que polas presentes estipulacións se fixen.

Así mesmo, as melloras establecidas no presente convenio serán compensables ou absorbibles por calquera suba salarial que por disposición legal puidesen establecerse.

Capítulo II

Asignacións económicas

Artigo 9º.-Salario base.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo e a súa táboa salarial enténdese para xor

nada completa en cada categoría profesional e posto de traballo.

A táboa salarial é a que figura no anexo.

Artigo 10º.-Xornada.

O total de horas de traballo durante o ano 1998 ascenderá a 1.826.

Artigo 11º.-Antigüidade.

Durante a vixencia do convenio colectivo, o importe do quinquenio é do 10% do salario base do convenio para o ano 1996, coa limitación contida no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores, na súa primitiva redacción.

Artigo 12º.-Plus de axuda ó transporte.

Mantense en 105 pesetas/diarias para todo tipo de persoal, sen distinción de categorías profesionais, con base na xornada de traballo completa.

O dito plus cobrarase exclusivamente os días de asistencia ó traballo, e non será computable en vacacións, IT, permisos, etc.

Artigo 13º.-Plus compensatorio.

Mantense o plus compensatorio de 63 pesetas, por día de traballo, que se fará extensible a todo o persoal con alta na empresa anterior ó 1-6-1992.

Este plus pasará a cobrarse, ademais dos días de asistencia ó traballo, durante os días de IT, e non será aboado en vacacións.

Artigo 14º.-Plus de vestiario.

Mantense o plus de vestiario, de aplicación a todo o persoal, cunha contía de 6.000 pesetas ó mes, que non será aboado en pagas extraordinarias.

Artigo 15º

Mantéñense as tres gratificacións voluntarias que se veñen satisfacendo na actualidade, equivalente cada unha delas a unha mensualidade, e nelas computaranse o salario convenio máis a antigüidade.

Artigo 16º.-Póliza de accidentes.

Acórdase mante-la póliza de accidentes de traballo para tódolos traballadores, con cobertura durante as 24 horas do día e nas seguintes cantidades:

-4.000.000 de pesetas en caso de invalidez permanente absoluta ou total.

-2.000.000 de pesetas en caso de falecemento.

Neste último caso, aboaráselle-la cantidade sinalada ás persoas que xustifiquen seren os herdeiros legais do traballador/a fallecido/a.

Ademais, en caso de incapacidade permanente e absoluta derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, a cantidade de dous millóns de pesetas.

Capítulo III

Disposicións varias

Artigo 17º.-Xerarquía.

Co fin de que tódolos traballadores coñezan en todo momento as xerarquías da empresa e a súa sección, desde a entrada en vigor do presente convenio, a dirección da empresa publicará en lugar ben visible o organigrama actualizado da empresa e, en cada sección, o seu propio.

Artigo 18º.-Difusión.

A dirección porá á disposición de todo o persoal exemplares do presente convenio. Así mesmo, o convenio permanecerá exposto durante a súa vixencia no taboleiro de anuncios.

Artigo 19º.-Vacacións.

Trinta días naturais ó ano para tódalas categorías profesionais. Seguirá vixente o sistema rotativo, aceptado polo persoal, recollido en canto ó seu funcionamento no artigo do convenio colectivo de 1986.

Artigo 20º.-Cadro de quendas e descansos.

Antes das 12 horas de cada venres, a empresa terá a obriga de confeccionar e publica-los cadros de quendas e descansos da semana seguinte, correspondentes ó cadro de persoal suxeito a este réxime de traballo.

A empresa, ó confecciona-la lista de quendas, terá en conta que se descanse a maior cantidade de domingos posibles.

As quendas de domingos que sexan por quenda de lista serán consideradas como servicios mínimos.

Artigo 21º.-Festivos.

O número de festivos non recuperables para este ano será o que indique a lexislación vixente. O persoal que entre a formar parte da lista dos domingos terá preferencia para traballa-los festivos.

Artigo 22º.-Festas de Nadal.

Os días 24 e 31 de decembro, a segunda quenda será de catorce a dezanove horas, e os días 25 de decembro de 1 de xaneiro, a primeira das quendas será de 9 a 14 horas, computándose como xornada laboral completa para tódolos efectos.

Así mesmo, as dúas quendas do día 25/12 e 1/1 realizaranas aqueles ós que lles correspondan os labores dos servicios mínimos, é dicir, mantemento, recepción de leite e control de calidade, e descansará o resto do persoal.

Artigo 23º.-Licencias.

O persoal terá dereito a licencias retribuídas, nos seguintes casos e coa extensión seguinte:

a) Por defunción de pais, irmáns, cónxuxe e fillos, 4 días, se o falecemento ten lugar dentro da provincia, e 6 se tivese lugar fóra dos límites desta e cando se produza o desprazamento.

b) Por defunción de pais e irmáns políticos, dous días dentro da provincia e tres fóra dela, sempre e cando se produza o desprazamento.

c) Por grave enfermidade de pais, cónxuxe, fillos e irmáns, tres días dentro da provincia e catro fóra dela, sempre que se produza desprazamento.

d) Por nacemento dun fillo, catro días.

e) Por matrimonio, quince días.

f) Por traslado de domicilio, un día.

Os días considéranse naturais.

Artigo 24º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles ós traballadores roupa de traballo adecuada ás súas necesidades e respectivas funcións, e obrígase a mante-lo recambio necesario para atende-las necesidades derivadas da producción, respectándose, en todo caso, as normas de seguridade e saúde.

Artigo 25º.-Retribución en caso de enfermidade común ou accidente non laboral.

En caso de baixa por enfermidade común ou accidente laboral, a empresa aboará o complemento necesario para que, conxuntamente coa prestación económica da Seguridade Social, o traballador perciba a partir da data da baixa o salario total fixado por este convenio, é dicir, o salario base maila antigüidade, agás a axuda ó transporte.

A empresa terá a facultade de que o médico da empresa ou o que se designe, visite no domicilio e recoñeza o traballador cantas veces sexa conveniente. Así mesmo, poderá requiri-lo productor en baixa para que se presente a recoñecemento coa periodicidade que se considere necesaria.

Nos casos de desconformidade coa situación de baixa, a dirección e o comité de empresa nomearán un facultativo para que efectúe o recoñecemento oportuno, e dese dictame dependerá o aboamento do complemento ó que se fai referencia no presente artigo, así coma no seguinte.

Artigo 26º.-Retribución en caso de accidente laboral.

En caso de accidente de traballo que dea lugar a unha IT, a empresa aboará o complemento necesario para que, xuntamente coa prestación que perciba da mutualidade laboral ou mutua patronal, o traballador accidentado perciba o total dos seus salarios desde o primeiro día que resulte accidentado e durante todo o tempo que teña dereito á citada prestación económica, agás o plus de axuda ó transporte coma no caso da enfermidade común.

Recoñéceselle á empresa a mesma facultade de vixilancia e comprobación establecida no artigo anterior.

Artigo 27º.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias axustarase ós seguintes criterios:

a) Reduciranse ás mínimas imprescindibles, e a súa realización será de carácter voluntario.

b) As horas extraordinarias por causa de forza maior realizaranse cando veñan esixidas para previr e reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, e non se terán en conta nin para efectos de duración máxima da xornada ordinaria laboral nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias autorizadas, sen o prexuízo do seu aboamento como se se tratasen de horas extraordinarias.

c) Entenderanse como horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e demais circunstancias derivadas da específica natureza das actividades de que se trate.

As horas extraordinarias aboaranse conforme a lexislación vixente, comunicándollo mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa a comité ou delegados de persoal.

Artigo 28º

A empresa seguiralles aboando ós seus traballadores as mesmas cantidades que polo concepto do suprimido imposto de rendemento de traballo persoal (IRTP), lle correspondería pagar a cada un o 1º de xaneiro de 1979.

As ditas cantidades quedan consolidadas nas súas contías actuais, e non poderán ser absorbidas por calquera aumento salarial futuro, xa sexan por disposición legal, convenio ou laudo.

Artigo 29º.-Gastos de desprazamento.

Cando por necesidades da empresa un traballador sexa desprazado fóra da súa residencia habitual por un período superior a 24 horas, aboaráselle, á parte dos gastos de desprazamento e estadía, unha compensación económica suplementaria de 1.500 pesetas diarias.

Artigo 30º.-Premio de xubilación.

A empresa aboaralles ós productores que se xubilen ó cumpriren os 65 anos de idade como máximo, un premio na contía de 10.000 pesetas por ano de servicio, entendéndose que os que superen a dita idade renunciarán a el.

Esta mesma cantidade seralles aboada ós que causen baixa definitiva na empresa por enfermidades, accidente laboral ou falecemento. Neste último caso, aboaráselles ós que xustifiquen se-los seus herdeiros. Nos supostos desta alínea, o premio será concedido nas mesmas condicións e contías ca na alínea anterior.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal disporán do crédito de horas mensuais que a lei determine.

Sen supera-lo máximo, poderán ser consumidas as horas retribuídas co fin de preve-la asistencia

a cursos de formación organizados polos sindicatos, institutos de formación ou outras entidades.

Os traballadores poderán esixirlles ós delegados de persoal a realización de asemblea cando o solicite un 10% do cadro de persoal.

Artigo 32º.-Productividade.

A partir do 1 de xaneiro de 1999, aboarase un complemento de productividade do 0,5% sobre a táboa de salarios do ano 1998. Para a súa determinación tomaranse como base de cálculo os resultados obtidos no ano 1998 de horas tonelada desclasificados, devolucións de mercado e extracto seco de producto. Para os productos mestura tomaranse como base de cálculo os valores medios do último trimestre de 1998. O seu importe será o resultante de tódolos elementos que compoñen a base de cálculo, expresado en tanto por cento e multiplicando esta porcentaxe polo 0,5% fixado para este concepto. O pagamento efectuarase dunha soa vez coa nómina do mes de xaneiro de 1999.

Disposicións adicionais

No non previsto no presente convenio aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e na vixente ordenanza laboral para as industrias lácteas.

Táboa salarial para 1998 Quesos de Galicia, S.A.

CategoríasMensualAnual

-Persoal técnico
Técnico xefe186.8422.802.630
Técnico superior173.5192.602.785
Técnico medio134.3452.015.175
Técnico operador124.1431.862.145
Técnico diplomado124.1431.862.145

-Non titulados
Xefe de fabricación130.7141.960.710
Contramestre ou xefe de sección129.0141.935.210
Encargado125.2861.879.290
Capataz122.1161.831.740
Oficial 1ª especialista121.5551.823.325
Coordinador de zona121.5551.823.325
Oficial 1ª laboratorio118.3721.775.580
Oficial 1ª mantemento116.2251.743.375
Inspector de distrito114.6241.719.360
Oficial 2ª laboratorio109.8281.647.420
Oficial 2ª mantemento112.4911.687.365
Auxiliar de inspección111.9611.679.415
Auxiliar de laboratorio103.9651.559.475

-Empregados administrativos
Oficial 1ª116.2251.743.375
Oficial 2ª112.4911.687.365
Auxiliar administrativo103.9651.559.475
Telefonista98.7091.480.635

-Comerciais
Inspector ou promotor121.5551.823.325
Vendas
Viaxantes111.9421.679.130
Repartidores100.8001.512.000

-Subalternos
Almaceneiros106.1941.592.910
Listeiro99.0161.485.240
Guarda e sereno
Limpador/a

-Persoal de fabricación
Supervisor de liña114.6251.719.375
Especialista de 1ª108.2261.623.390
Especialista de 2ª106.0321.590.480

CategoríasMensualAnual

Especialista de 3ª103.9651.559.475
Peón especialista100.8001.512.000
Peón98.7091.480.635
Oficial de 1ª conductor111.4291.671.435

11748