Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 147

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998 pola que se convoca o IV Curso superior de urbanismo.

Conforme os fins que lle asigna a este centro a normativa que o regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola tamén Lei 10/1989, do 10

de xullo), a EGAP, en colaboración coa Revista de Dereito Urbanístico, convoca o IV Curso superior de urbanismo.

1. Obxectivo: mellora-lo grao de especialización dos participantes ós que vai dirixida esta actividade, co fin de dotalos dunha serie de coñecementos teórico-prácticos, sobre planeamento, xestión e disciplina urbanística, que contribúan a perfecciona-la súa capacitación profesional neste campo, tanto desde a perspectiva do dereito estatal como do aplicable á Comunidade Autónoma galega.

2. Contido: esquematicamente, o contido deste curso tratará, entre outros, sobre estes temas:

-A nova Lei do solo. Aspectos máis relevantes.

-Panorama xeral do sistema de planeamento e xestión en España, en xeral, e en Galicia en particular.

-A Lei de ordenación do territorio de Galicia en 1995.

-A Lei do solo de Galicia de 1997.

-A Lei sobre o réxime do solo e valoracións de 1998.

-Incidencia da LS 1998 na Lei de Galicia de 1997.

-Análise das figuras de planeamento territorial.

-Análise das figuras de planeamento xeral.

-O Plan xeral de ordenación municipal.

-As áreas de repartimento e os aproveitamentos tipo.

-Plans parciais.

-Plan especiais.

-Estudios de detalle.

-Proxectos de urbanización.

-Catálogos.

-Incidencia da Lei de costas no planeamento urbanístico.

-Interpretación da disposición adicional 6ª da Lei de Galicia en relación coa disposición transitoria 9ª.3 do Regulamento da Lei de costas.

-Valoracións. O réxime de valoracións. Criterios xerais de valoración do solo e demais elementos e dereitos.

-O novo marco normativo estatal e a súa incidencia na xestión urbanística. Os mecanismos de equidistribución trala nova Lei 6/1998, do 14 de abril. Os efectos da sentencia do Tribunal Constitucional 61/1997, nos instrumentos de xestión urbanística.

-A Lei 1/1997, do 24 de marzo, do Parlamento de Galicia, do solo de Galicia no contexto normativo estatal. Dereitos e deberes, técnicas de equidistribución e mecanismo de execución do planeamento.

-Presupostos e requisitos para a execución do planeamento.

-Actuacións sistemáticas.

-O sistema de compensación.

-O sistema de cooperación.

-O proxecto de reparcelamento.

-O sistema de expropiación.

-Os convenios urbanísticos.

-A xestión das dotacións públicas.

-Tipoloxía de supostos expropiatorios.

-A venda forzosa e o incumprimento dos deberes urbanísticos.

-O patrimonio municipal do solo.

-Réxime indemnizatorio por alteración do planeamento.

-O réxime das licencias urbanísticas.

-Actuacións en contra do planeamento.

-Obras públicas e disciplina urbanística.

-Medios de protección da disciplina urbanística.

-A infracción urbanística. Procedemento sancionador.

A realización de exercicios prácticos e de traballo en equipo formarán parte do desenvolvemento do contido deste curso.

3. Destinatarios: o curso convocado ten como destinatarios os funcionarios de carreira dos grupos A e B, que estean en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico, pertencentes á Xunta de Galicia ou á Administración local galega, así como o persoal laboral dunha ou doutra Administración, dos grupos I e II, que se atopen en posesión de calquera dos títulos anteriormente citados.

Para os efectos do establecido na Resolución do 26 de outubro de 1994, do Instituto Nacional de Administración Pública, pola que, en cumprimento do disposto na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, se determinan os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local, este curso valoraráselles con dous puntos a aqueles alumnos aprobados que estean comprendidos dentro do ámbito de aplicación da citada normativa.

Sempre que existan prazas dispoñibles, porque non se cubriron as convocadas entre o persoal ó que se refire o primeiro parágrafo deste epígrafe, tamén poderán optar á obtención do certificado de aproveitamento, profesionais liberais que dispoñan do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou o de diplomado, ou ben o de arquitecto ou enxeñeiro técnico.

4. Prazas: o número de prazas é limitado.

5. Dereitos de inscrición: os dereitos de inscrición fíxanse nas seguintes contías, segundo estes casos:

1. Duascentas mil pesetas (200.000 ptas.), para todos aqueles solicitantes que pertenzan ás administracións autonómica ou local galegas e que no desempeño do seu traballo habitual realicen tarefas que estean vinculadas co urbanismo. Esta circunstancia acreditarase mediante certificación expedida polos secretarios xerais, respectivamente, da consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

O importe anterior poderán facelo efectivo os interesados dunha soa vez, ou en catro prazos, de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento de formalizarse a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de marzo de 1999.

-O terceiro aboarase antes do día un de abril de 1999.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de 1999.

2. Trescentas mil pesetas (300.000 ptas.), para o resto dos solicitantes integrados nas administracións autonómica ou local galegas, que non reúnan o requisito precedente.

A contía consignada poderá facerse efectiva dunha soa vez, ou en catro prazos, e será de setenta e cinco mil pesetas (75.000 ptas.) cada un, de acordo coa seguinte modalidade:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento no que se formalice a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de marzo de 1999.

-O terceiro aboarase antes do día un de abril de 1999.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de 1999.

3. Catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.), para os demais peticionarios que non teñan a condición de persoal ó servicio de ningunha das administracións públicas anteriormente citadas.

O devandito importe poderá ingresarse dunha soa vez, ou en catro prazos, de cen mil pesetas (100.000 ptas.) cada un, de acordo coa forma que se determina a continuación:

-O primeiro prazo, ou a totalidade da matrícula, deberá ingresarse no momento no que se formalice a inscrición.

-O segundo farase efectivo antes do un de marzo de 1999.

-O terceiro aboarase antes do día un de abril de 1999.

-O cuarto satisfarase antes do día un de xuño de 1999.

6. Forma de pagamento: o aboamento das cantidades aludidas efectuarase, mediante cheque nominativo ou transferencia, á conta corrente da EGAP da Caixa de Galicia na oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida nº 2091-03883110000520.

7. Incumprimento dos prazos de pagamento: os alumnos que non fagan efectivo o importe dos dereitos de inscrición, dentro dos prazos marcados para cada caso, perderán a súa condición de asistentes a este curso e non terán dereito á devolución das contías ingresadas con anterioridade.

8. Prazo de inscrición, solicitudes e documentos: para a participación neste curso, ábrese un prazo de inscrición, que rematará o vintenove de xaneiro de 1999, para que as persoas que figuran como destinatarias deste curso poidan formalizala, segundo o modelo que figura no anexo desta convocatoria.

Para a formalización da inscrición, será preciso achega-lo pertinente boletín cos seguintes documentos:

a) Se o peticionario é funcionario:

-Certificado de que se atopa en situación de servicio activo ou de servicios especiais na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou da Administración local galega.

Este certificado deberá expedido, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se manifeste expresamente este aspecto.

-Certificado no que se indique explicitamente que o interesado é funcionario de carreira do grupo A ou B. Este documento deberano expedi-los mesmos funcionarios citados nos parágrafos anteriores.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

b) Se o peticionario é persoal laboral:

-Certificado de pertencer á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ou á da Administración local galega.

-Certificado no que se faga constar expresamente que o interesado pertence ó grupo I ou II.

Os dous anteriores documentos deberaos expedir, segundo os casos, o secretario xeral da respectiva consellería, delegación, concello municipal ou da deputación.

-Se o solicitante, no seu traballo habitual, realiza tarefas que estean vinculadas co urbanismo, certificado expedido polas persoas sinaladas no parágrafo que antecede, no que se manifeste expresamente este aspecto.

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

c) Para os restantes peticionarios:

-Orixinal ou copia debidamente cotexada de estar en posesión do título de licenciado, arquitecto ou enxeñeiro superior, ou de diplomado, arquitecto ou enxeñeiro técnico.

-Currículum vitae.

-Cheque nominativo ou xustificante de transferencia pola totalidade dos respectivos dereitos de inscrición, ou ben, polo primeiro prazo.

-Dúas fotos tamaño carné.

9. Criterios selectivos: se os solicitantes son funcionarios ou persoal laboral, os criterios selectivos para a admisión neste curso serán, por esta orde, os seguintes:

1º Que exista unha relación directa entre as tarefas que realiza o interesado no desempeño do seu posto de traballo e a materia obxecto deste curso.

2º Ter realizado, durante os últimos cinco anos, un menor número de cursos relacionados con contidos temáticos similares ó do que agora se convoca.

3ª A antigüidade, e como tal, entenderase a data de ingreso do interesado na Administración pública.

De quedaren prazas libres, despois de feita a selección entre o persoal funcionario ou laboral de calquera das administracións públicas galegas indicadas anteriormente, o criterio selectivo dos restantes

peticionarios, nos que non concorra a mencionada condición, será como se expresa a continuación:

-Terán preferencia aqueles solicitantes que documentalmente acrediten que a súa actividade profesional mantén relación co urbanismo e poidan demostrar, a través do seu currículum, unha constatada experiencia neste campo (por exemplo, publicacións, cursos de especialización, traballos de investigación, etc. vinculados coa materia expresada).

Toda a documentación que acheguen os solicitantes, que non sexa orixinal, terá que vir debidamente cotexada.

En calquera caso, esta convocatoria rexerase polos criterios de participación nas actividades docentes da Escola Galega de Administración Pública, publicados no DOG nº 149, do 3 de agosto de 1994.

10. Certificado de aproveitamento: para a superación deste curso e a obtención do aludido certificado de aproveitamento, cada alumno deberá presentar un traballo sobre unha materia, que deberá aprobar previamente o director desta actividade, e que terá relación coa temática da actividade convocada.

A extensión mínima do traballo será de 20 folios, excluídas citas e bibliografía, cun número de liñas por folio non inferior a 27, a dobre espacio.

O prazo de entrega do traballo fixarase durante a realización do curso e comunicaráselles ós alumnos con tempo.

A aprobación do repetido curso queda tamén supeditada a que os alumnos acudan a el con regularidade e que a súa asistencia a esta actividade supoña unha porcentaxe superior ó 85% das horas programadas. Os participantes que non alcancen aquel límite, sexa cal sexa a causa, quedarán eliminados coa perda de tódolos dereitos.

11. Desenvolvemento: o curso realizarase na Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e comezará o 2 de febreiro de 1999 e rematará o día 24 de xuño de 1999.

A súa duración será de 160 horas, que se distribuirán a razón de 8 horas por semana, os martes e xoves, desde as 16.30 horas ás 20.30 horas.

12. Modificacións: a EGAP reserva para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento deste curso, así como de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificasen a súa realización.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

11699