Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 07 de xaneiro de 1999 Páx. 151

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de decembro de 1998 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Por Resolución do 12 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas, (BOE do 3 de decembro), convocouse concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

En cumprimento do establecido no número 3º do artigo 13 da Orde do 10 de agosto de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, esta consellería

DISPÓN:

Publica-las bases do concurso unitario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional correspondentes ó ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

Bases polas que se rexe o concurso unitario para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter nacional.

A. Bases comúns.

Primeira.-Postos vacantes.

Teñen a consideración de postos vacantes para efectos deste concurso, e polo tanto ofrécense nel (anexo I):

-Os postos que, estando vacantes, non se incluíron na convocatoria anual do concurso ordinario, efectuada mediante Resolución do 21 de abril de 1998 da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas (BOE do 7 de maio).

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1998, dos que as respectivas corporacións acordaron a súa inclusión neste concurso unitario de acordo co previsto no parágrafo 2º do artigo 25 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Non se ofrecen en cambio:

-Os postos vacantes con posterioridade ó 10 de febreiro de 1998, dos que as respectivas corporacións non acordaron a súa inclusión neste concurso unitario, xa que sendo esta a data límite para remitir ás comunidades autónomas as convocatorias do concurso ordinario de 1998, con ela expira a obrigatoriedade de ofrece-las vacantes no dito concurso, sendo obrigatorio só ofrecelas no seguinte concurso ordinario, é dicir, no de 1999.

Segunda.-Participación.

1. Poderán tomar parte no presente concurso os funcionarios con habilitación de carácter nacional, pertencentes ás subescalas a que se refire o artigo 20 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, e poderán solicitar soamente os postos que, segundo a súa clasificación, correspondan ás subescalas e categorías a que pertenzan.

Poderán participar, así mesmo, os funcionarios non integrados nas ditas subescalas e categorías, pertencentes ós extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios de Administración local á que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de Secretaría, categoría superior;

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de Secretaría, categoría de entrada;

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de Secretaría Intervención;

-Os secretarios de concellos «a extinguir», a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes;

-Os interventores, a postos reservados á subescala de Intervención-Tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de Intervención e

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de Intervención-Tesourería, pero unicamente a postos de Tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que estean en expectativa de nomeamento están obrigados a solicita-la totalidade de postos correspondentes á súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesaran na situación de servicios especiais e non tiveran reserva de praza, e os que promocionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorreu o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º c) e d) da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorreu o prazo de dous anos desde o pase a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos do artigo 20.1º f) da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de 15 días naturais a partir da publicación da presente resolución no BOE, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte no presente concurso dirixirán á Subdirección Xeral da Función Pública Local (Rexistro de entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, r/ María de Molina, 50.- 28071, Madrid), a seguinte documentación:

-Solicitude de participación con expresión individualizada de tódolos postos a que concursan e declaración xurada de non estar incursos en ningunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. A especificación de postos solicitados farase por orde de prelación de adxudicacións, con carácter único para a totalidade de postos que se soliciten. A unicidade da orde de prelación manterase incluso no suposto de solicitar postos de varias subescalas e categorías se a pertenza do concursante a estas o permitira.

-Acreditación do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica nos termos e para os postos sitos nas comunidades autónomas que os establezan de acordo co que especifica o punto B) «Bases das comunidades autónomas».

2. Se se solicitasen exclusivamente postos do País Vasco, a documentación dirixirase á Comunidade Autónoma, (Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Administración Local, Duque de Wellington, 2 - 01010 - Vitoria-Gasteiz).

Cuarta.-Méritos xerais.

Os méritos xerais polos que se rexe este concurso son os comprendidos na Resolución do 12 de outubro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se dá publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais, que inclúe os inscritos no Rexistro de Habilitados Nacionais ata esa mesma data.

Quinta.-Tribunal de valoración.

1. O tribunal de valoración do presente concurso será o seguinte:

Presidente titular:

Ana Mª García Fernández.

Presidente suplente:

Rosa A. Martínez Frutos.

Vocais titulares:

Francisco M. Macías Benítez.

Margarita Mª Revillo Pinilla.

Francisco Javier Ramos García.

José Luis Sánchez Santiago.

Norbert Llarás i Marques.

Bernabé Esteban Ortega.

Antonio Jover Pérez.

Fernando Alonso Barahona.

César García-Monge Herrero.

Ana Menéndez Gallego.

Jenaro Conde Rebollar.

Ana de Oleza Ferrandis.

José Mª Endemaño Arostegui.

Félix Sevillano Santiago.

Pedro Antonio Mas Cladera.

Loreto Díaz Sánchez.

Jesús González Pueyo.

Vocais suplentes:

Ana Mª Peralias Panduro.

Francisco V. de Vera Pinilla.

Antonio Rodríguez-Pastrana Malagón.

Antonio Meneses Tocino.

Lluis Calsina i Vallés.

Miguel Romero Carmona.

Eva Isabel Pereda López.

Augusto Martín Agudo.

Edmundo Cañón García.

Rafael Blázquez Callejo.

Josefa Eugenia Salvador Alamar.

José Luis Aguirre Aratíbel.

José Manuel García Gallo.

Juan José Ferrando Valverde.

Ramón Pardo Cabarcos.

Pedro Antonio Martín Pérez.

Secretario titular:

Antonio Calderón López.

Secretario suplente:

Mercedes Martín Sánchez.

2. O tribunal para comprobación do grao de coñecemento da lingua oficial e valoración dos méritos determinados pola Comunidade Autónoma do Pais Vasco será o que esta comunidade designe.

Sexta.-Exclusión de concursantes e valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración excluirá os concursantes que non reúnan as condicións de participación sinaladas na base segunda de se-lo caso, ou o requisito da lingua.

A continuación puntuarán os méritos dos concursantes non excluídos, do seguinte modo:

-A puntuación por méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, deducidos da relación incluída na resolución publicada conxuntamente con esta convocatoria, non sendo posible ningunha acreditación adicional por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-A valoración de méritos de determinación autonómica, ata un máximo de 3 puntos, de acordo coa documentación presentada polos concursantes conforme as regras específicas de cada Comunidade Autónoma.

-Respecto dos postos sen méritos de determinación autonómica, o tribunal puntuará exclusivamente os xerais ata un máximo de 19,50 puntos.

2. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivera maior puntuación por méritos de determinación autonómica. De manterse o empate, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nos puntos a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia, o empate resolverase de acordo coa orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Trala exclusión e puntuación de concursantes, o tribunal formulará relación comprensiva dos non excluídos coas súas puntuacións, asi como relación fundada de excluídos. De acordo coas puntuacións, e coa orde de prelación para o suposto de concursantes que obteñan a máxima puntuación en dous ou máis postos, o tribunal formulará e elevará a Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas proposta de adxudicación de postos.

Oitava.-Resolución.

A Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración, remitíndollelo ás comunidades autónomas e publicándoo no prazo dun mes no BOE.

Novena.-Prazo posesorio.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade ou dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

O dito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución do presente concurso no BOE.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

2. O cómputo de prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles foran concedidos ós interesados.

3. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións nas que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta de tal acordo á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas.

Excepcionalmente, por instancia do interesado e por razóns xustificadas, poderá tamén diferirse a toma de posesión, por igual prazo, por acordo entre os presidentes respectivos, dando conta á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas.

Décima.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables desde o momento en que o tribunal remita á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas a proposta de adxudicación.

2. Os destinos obtidos neste concurso terán carácter voluntario, e non xerarán en consecuencia dereito ó aboamento de indemnización por traslado.

Undécima.-Notificación de cesamentos e tomas de posesión.

1. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes que accedan a un posto de traballo, de acordo coa resolución do concurso, deberán ser comunicadas á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Administracións Públicas e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

2. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando o funcionario a depender da correspondente corporación.

Duodécima.-Normas para a Comunidade Autónoma do País Vasco.

As institucións forais procederán á resolución do concurso e a súa remisión á Comunidade Autónoma.

O órgano competente da Comunidade Autónoma do País Vasco e a Dirección Xeral da Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples nos supostos en que os interesados obteñan simultaneamente postos en corporacións locais da Comunidade Autónoma do País Vasco e dalgunha outra.

Décimo terceira.-Recursos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa de acordo co establecido no artigo 109.d) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na disposición adicional décimo quinta da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado.

B.- Bases das comunidades autónomas.

O coñecemento de lingua e méritos de determinación autonómica serán esixidos nos termos en que, para cada Comunidade Autónoma, detallan as bases seguintes:

-Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia.

(Decreto 136/1997, do 5 de xuño de 1997).

1. Méritos polo coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Os méritos correspondentes ó coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia ós que, de conformidade co establecido no artigo 99.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, se atribúe o 10% da puntuación total posible nos concursos para a provisión de postos de traballo de funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, son os seguintes:

Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia, que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

Actividade docente: dirixida ó ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, urbanismo e réxime económico financeiro das entidades locais en cursos organizados pola EGAP ou en colaboración con esta.

Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e da normativa de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior, dentro da porcentaxe do 10% da puntuación total posible asinada para o coñecemento das especialidades autonómicas, que é de 3 puntos, é a seguinte:

Experiencia profesional: ata un 30% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Cursos de formación e perfeccionamento: ata un 50% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas, en función do nivel académico do curso.

Actividade docente: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

Publicacións: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servicios prestados valoraranse da seguinte forma:

-Servicios prestados en postos de traballo do mesmo grupo ou superior de funcionarios có correspondente á subescala á que se concursa: 0,02 puntos/mes.

-Servicios prestados en postos de traballo asignados ó grupo de funcionarios inmediatamente inferior á subescala á que se concursa: 0,01 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola EGAP ou, en colaboración con esta, polas universidades, centros de ensino superior ou outros órganos competentes en materia de formación e perfeccionamento dos funcionarios, sempre que sexan

homologados pola EGAP, para efectos de este artigo.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola EGAP en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola EGAP indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos nos que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

-Cursos con certificado de asistencia: 0,10 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de ata 40 horas: 0,20 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de máis de 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Máximo: 1,5 puntos.

Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose xornadas, seminarios, simposios ou similares.

Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos polos tribunais.

O tribunal de valoración do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas neste decreto.

ANEXO I

Comunidade Autónoma de Galicia

Secretaria clase 1ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

A CoruñaFene1534001

A CoruñaAs Pontes de García Rodríguez1569001

LugoCervo2713001

Vicesecretaria clase 1ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

LugoLugo2700101

Secretaria clase 2ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

A CoruñaCariño1519501

A CoruñaMalpica de Bergantiños1542001

A CoruñaPino (O)1565001

A CoruñaPonteceso1567001

A CoruñaPorto do Son1570001

A CoruñaA Pobra do Caramiñal1566001

A CoruñaRois1573001

A CoruñaValdoviño1588001

A CoruñaVimianzo1591001

A CoruñaZas1592001

LugoA Fonsagrada2718001

LugoMondoñedo2729001

LugoMonterroso2731003

LugoPantón2740001

LugoSober2758001

LugoTaboada2759003

OurenseRibadavia3268003

PontevedraBueu3604001

PontevedraCambados3606001

PontevedraCañiza (A)3609001

PontevedraCotobade3612001

PontevedraCuntis3615003

PontevedraForcarei3618001

PontevedraGuarda (A)3623001

PontevedraPonte-Caldelas3641001

PontevedraRosal (O)3647001

PontevedraSalcela de Caselas3648003

PontevedraSalvaterra de Miño3649001

PontevedraValga3655001

PontevedraVila de Cruces3658001

PontevedraVilaboa3657001

Secretaria clase 3ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

LugoCervantes2712001
LugoFolgoso do Courel2717001
LugoMan. da Mariña Lucense27C1201
LugoNegueira de Muñiz2734001
LugoRibas de Sil2751001
LugoTrabada2760001
LugoO Vicedo2763001
OurenseOs Blancos3212001
OurenseMan.Interm.Vol.do Ribeiro32C0101
OurenseVilamartín de Valdeorras3287001

Oficial Maior clase 3ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

A CoruñaAs Pontes de García Rodríguez1569003

Intervención clase 1ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

A CoruñaArteixo1505001
A CoruñaBetanzos1509001
A CoruñaFene1534002
A CoruñaOrtigueira1560001
A CoruñaAs Pontes de García Rodríguez1569002
A CoruñaRibeira1572001
LugoCervo2713002
LugoMonforte de Lemos2713001
OurenseBarco de Valdeorras (O)3209001
OurenseOurense3200101
PontevedraCangas3608001
PontevedraEstrada (A)3617001
PontevedraGrove (O)3622001
PontevedraLalín3624001
PontevedraPonteareas3642001
PontevedraTui3654001

Tesourería

ProvinciaLocalidadeCódigo

A CoruñaCambre1517001
A CoruñaOrtigueira1560002
PontevedraTui3654002

Intervención clase 2ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

A CoruñaAmes1502001
A CoruñaArzúa1506001
A CoruñaBaña (A)1507001
A CoruñaBergondo1508001
A CoruñaBrión1513001
A CoruñaCabana de Bergantiños1514001
A CoruñaCamariñas1516001
A CoruñaCariño1519502
A CoruñaCedeira1522001
A CoruñaCee1523001
A CoruñaCerceda1524001
A CoruñaCoristanco1529001
A CoruñaFisterra1536001
A CoruñaLaracha1540001
A CoruñaMalpica de Bergantiños1542002
A CoruñaMazaricos1544001
A CoruñaMelide1545001
A CoruñaMugardos1550001
A CoruñaMuros1552001
A CoruñaMuxía1551001
A CoruñaNeda1554001
A CoruñaNegreira1555001
A CoruñaNoia1556001
A CoruñaOrdes1558001
A CoruñaOutes1561001
A CoruñaPadrón1564001
A CoruñaPino (O)1565002
A CoruñaRianxo1571001
A CoruñaRois1573002
A CoruñaSada1574001
A CoruñaSanta Comba1576001
A CoruñaVal do Dubra1587001
LugoBegonte2707001
LugoBurela2708501

ProvinciaLocalidadeCódigo

LugoCarballedo2709001
LugoA Fonsagrada2718002
LugoFoz2719001
LugoFriol2720001
LugoGuitiriz2722001
LugoMonterroso2731002
LugoPalas de Rei2739001
LugoSarria2756001
LugoTaboada2759002
LugoVilalba2764001
OurenseO Carballiño3219001
OurenseCelanova3224001
OurenseRibadavia3268002
PontevedraBueu3604002
PontevedraCambados3606002
PontevedraCañiza (A)3609002
PontevedraCuntis3615002
PontevedraGuarda (A)3623002
PontevedraMoaña3629001
PontevedraMos3633001
PontevedraNeves (As)3634001
PontevedraSalceda de Caselas3648002
PontevedraSalvaterra de Miño3649002
PontevedraValga3655002

Agrupación Intervención clase 2ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

OurenseRúa (A)3270001

Adxunto á Tesourería 3ª

ProvinciaLocalidadeCódigo

PontevedraBueu3604003

11921