Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 19

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (27/1998).

Como secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira dou fe e testemuño de que en autos de xuízo de menor contía 27/1998 se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

Sentencia:

«Ribeira, vintenove de outubro de mil novecentos noventa e oito,

Vistos por Beatriz Nieves Álvarez Casanova, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Ribeira (A Coruña), os presentes autos de tercería de dominio de menor contía 27/1998, por instancia de José Pérez Reboiras, representado polo procurador José Manuel Novoa Núñez (de oficio) sendo demandados Caixa de Aforros de Galicia, Amador Pérez Reboiras, Mª Carmen Fandiño González e Marcial Pérez Ferrín, procédese a dicta-la seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por José Pérez Reboiras contra Caixa de Aforros de Galicia, Amador Pérez Reboiras, Mª Carmen Fandiño González e Marcial Pérez Ferrín.

Que debo declarar e declaro que a vivenda situada na rúa do Barbanza nº 11, en Santa Uxía de Ribeira, inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 559, libro 120, folio 221, predio nº 11.450, é propiedade da comunidade formada por Marcial Pérez Ferrín e os herdeiros de Matilde Reboiras Casariego.

Que debo alzar e alzo o embargo trabado sobre esta vivenda como de propiedade de Marcial Pérez Ferrín no xuízo executivo que baixo o número 291/1993 se tramita neste xulgado promovido por Caixa Galicia. Todo isto sen que proceda efectuar unha expresa imposición das custas causadas nesta instancia.

Non se fai especial pronunciamento en custas.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no termo de cinco días a partir da súa notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Asinado e rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal ó que me remito. E para que así conste e sirva de notificación ós herdeiros descoñecidos e incertos de Marcial Pérez Ferrín, así como a Amador Pérez Reboiras, expido e asino esta cédula en Ribeira o dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

10801