Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 18

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

RECURSO (02/0006965/1997 mj).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza, certifico: que no recurso que se dirá recaeu a resolución que literalmente copiada é como segue:

«Dilixencia: A Coruña o cinco de novembro de mil novecentos noventa e oito. Esténdoa eu, secretaria, para facer constar que transcorreu o prazo concedido a Mirian Conceiçao de Miranda, sen que comparecese en autos. Dou conta á sala e dou fe.

Auto.

A Coruña, cinco de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Tendo en conta; e.

Feitos.

Primeiro: o presente recurso contencioso-administrativo, rexistrado co número 6965 de 1997, interposto por Mirian Conceiçao de Miranda, contra resolución da Subdelegación do Goberno na Coruña do 29 de setembro de 1997, sobre expulsión da

recorrente do territorio nacional, con prohibición de entrada por un período de tres anos que a dita recorrente foi emprazada por medio do DOG co fin de que no prazo de dez días se lle asignase novo procurador e letrado que a representen e defendan, ou tan só letrado con poder para o efecto; con apercibimento de que se así, non o verificase dentro do expresado prazo, se procedería sen máis trámite ó arquivo das actuacións.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro: que non tendo comparecido nestes autos a parte recorrente dentro do termo de dez días que para o efecto se lle concederon, procede, de conformidade co disposto, acorda-lo arquivo das actuacións sen custas.

A sala acorda:

O arquivo deste recurso contencioso-administrativo número 6965 de 1997, interposto por Mirian Conceiçao de Miranda.

Acordárono e asinárono os señores anotados á marxe.

E para que conste, co fin de que lle sirva de notificación a Mirian Conceiçao de Miranda, expido e asino o presente recurso na Coruña o cinco de novembro de mil novecentos noventa e oito».

Rubricado

10800