Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 04 de xaneiro de 1999 Páx. 19

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación e sentencia (164/1997).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fai mención se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de Compostela o catorce de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Visto por Leonor Castro Calvo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 164/1997, seguidos por lesións en accidente laboral, sendo parte denunciante José Luis Quindimil Novo, maior de idade, aparecendo como parte denunciada Maderas Raviña, S.L., Mapfre e o Consorcio de Compensación de Seguros.

Decido: que debo absolver e absolvo a Maderas Raviña, S.L., Mapfre e o Consorcio de Compensación de Seguros da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e declaro as custas de oficio. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación ó representante legal de Maderas Raviña, expido e asino este testemuño en Santiago o dez de novembro de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

10637