Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución dos expedientes sancionadores IF 69/98 e IF 110/98, devoltos polo servicio de correos (incendios Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan

a resolución do expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo a través dos impresos normalizados, que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, edificio administrativo da Xunta de Galicia-Ronda da Muralla, 70, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, e no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Lugo, 1 de decembro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: IF 69/98.

Denunciada: Gerónima Rodríguez Isla (DNI 34.721.298).

Enderezo: r/ Dr. Martí Juliá, nº 140-Hospitalet (Barcelona).

Feitos imputados: abandonar un vehículo rodeado de mato, marca Seat-124/matrícula B-0634-AY, existe risco de que, de producirse un incendio, se estendería rapidamente polos piñeirais que circundan o lugar, especialmente con altas temperaturas.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.

Expediente nº: IF 110/98.

Denunciado: Manuel Deza Fernández (DNI 76.551.647).

Enderezo: r/ Aprestadora, 10-1-1º Hospitalet (Barcelona).

Feito denunciado: abandonar un vehículo no monte, marca Renault-8/matrícula B-2281-L; estando prohibido depositar lixo, restos industriais ou de calquera clase, en zonas forestais, sen autorización.

Precepto sancionador: artigo 136 j), 137 e) do Regulamento de incendios.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 12.000 ptas. de multa.

11166