Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.940

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1998, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Rececende (A Pontenova-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Rececende (A Pontenova-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios dos predios de substitución, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión, a do 31 de xaneiro de 1999 e o 30 de abril de 1999 para arboredo, a falta de acordo do seu propietario e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 1 de febreiro de 1999, os interesados poderán reclamar, acompañando dictame pericial de todos e cada unha dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e o que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios, será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión, deberán facela os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos, que a posesión dos predios de substitución outorga ás que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios, os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada, poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 25 de novembro de 1998.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo

11190