Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Novás-Gudín (Xinzo de Limia-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución polo Decreto 44/1993, do 19 de febreiro, o seguinte:
Primeiro.-Con data do 19 de novembro de 1998, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Novás-Gudín (Xinzo de Limia-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.
Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Xinzo de Limia e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.
Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, e os recorrentes poderán presentalo na xefatura do Servicio de Desenvolvemento Rural (r/ Florentino Cuevillas, 4-6,baixo, Ourense), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un domicilio dentro do termo municipal para efectos das notificacións que procedan.
Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985).
Ourense, 19 de novembro de 1998.
Francisco Marín Muñoz
Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Ourense
11253