Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.939

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/290-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Neda-Poboado.

Situación: Neda.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 580 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. na r/ Obispo Argalla (expediente 50992) e remate no C.T. Casa das Palmeiras, que se vai instalar. C.T. en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Casa das Palmeiras do que parten rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 1.450 m de lonxitude e rede subterránea, baixo tubo, de 212 m de lonxitude con conductor R.V. Redes de baixa tensión do C.T. Neda-Poboado, de 1.930 m de lonxitude sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. e de 150 m de lonxitude subterránea baixo tubo e con conductor R.V. Neda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 1 de decembro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

11252