Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Xoves, 31 de decembro de 1998 Páx. 13.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 26 de novembro do 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador 36-59-1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador nº 36-59-1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación. Se non fose impugnada no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 da Caixa Galicia (2091),-Oficina de Relacións con Organismos (0388).

Expediente: 36-59-1998.

Inculpado: Manuel Rodríguez Alves.

Enderezo: Rotea de Arriba, 5 Sampaio-Vigo.

Motivos: carecer de licencias para o desenvolvemento da actividade de arranxo de automóbiles, así como da placa de industria e lendas obrigatorias.

Sanción: 75.000 pesetas.

Data da resolución: 25-11-1998.

Pontevedra, 26 de novembro de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial do Instituto Galego de

Consumo

11790