Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 16 de decembro de 1998 pola que se establecen as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Servicio Galego de Saúde (Sergas).

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio á Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas establece no seu Art. 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 291/1993, do 11 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Sergas, de servicios de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 10 de novembro de 1997, publicada no DOG nº 227, do 24 de novembro de 1997, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Sergas, con efectos do 1 de xaneiro de 1997.

Nembargantes, tendo en conta a evolución do índice de prezos de 1997, as previsións para 1998 e as tendencias dos custos da asistencia sanitaria, resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como as tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios en réxime de asistencia sanitaria concertada.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para 1998 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes serán as que se especifican nos puntos seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización 1998.

Actualización de prezos de concertos vixentes

GruposNiveisPorcentaxe

aumento

en %

Tarifas

médicos

propios

Porcentaxe aumento en %Tarifas

médicos

Sergas

G. IN I1,93.5341,92.546
NII1,94.4791,93.493
NIII1,95.3251,94.362

G. IINI1,94.6511,93.654
NII1,96.3951,95.404
NIII1,99.9331,98.984

G. IIINI1,95.6151,94.644
NII1,98.2431,97.305

G. IVNIA1,99.6321,98.636
NIB1,97.3981,96.418
NII1,910.2871,99.318
NIII1,910.2871,99.318

G. VNI1,98.6331,97.736
NII1,99.5981,98.706
NIII1,913.0711,912.158

G. VINI1,97.8011,96.889
NII1,911.1451,910.263
NIII1,913.0641,912.183

G. VIINI1,916.3071,915.409
NII1,919.9371,919.051
NIII1,925.1981,924.297

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde que non estean asimilados ós grupos e niveis anteriormente indicados, incrementaranse nun 1,9 por 100.

2. Asistencia ambulatoria.

2.1. Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación 1998.

Actualización de prezos de concertos vixentes

GruposNiveisPorcentaxe

aumento

en %

Tarifas

médicos

propios

Porcentaxe aumento en %Tarifas

médicos

Sergas

G. INI1,93.0571,91.529
NII1,93.0571,91.529
NIII1,93.0571,91.529

G. II NI1,93.0571,91.529
NII1,93.0571,91.529
NIII1,94.5771,91.630

G. IIINI1,93.0571,91.529
NII1,93.8541,91.630

G. IVNIA1,94.3521,92.242
NIB1,93.3441,92.242
NII1,94.7341,92.853
NIII1,94.7061,92.853

GruposNiveisPorcentaxe

aumento

en %

Tarifas

médicos

propios

Porcentaxe aumento en %Tarifas

médicos

Sergas

G. VNI1,94.0641,92.853
NII1,94.5181,92.853
NIII1,96.1241,93.261

G. VINI1,94.5181,92.904
NII1,95.2451,92.955
NIII1,96.1511,93.159

G. VII NI1,97.6801,93.363
NII1,99.3001,93.567
NIII1,911.5091,93.872

A porcentaxe autorizada para a actualización de prezos dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde aplicarase sempre que non supere o importe da tarifa máxima establecida para cada grupo e nivel.

2.2. Consultas sucesivas e revisións:

GruposNiveisPorcentaxe

aumento

en %

Tarifas

médicos

propios

Porcentaxe aumento en %Tarifas

médicos

Sergas

G. INI1,91.5291,9764
NII 1,91.5291,9764
NIII1,91.5291,9764

G. II NI 1,91.5291,9764
NII 1,91.5291,9764
NIII1,92.2891,9815

G. III NI 1,91.5291,9764
NII 1,91.9271,9815

G. IV NIA 1,92.1771,91.121
NIB1,91.6721,91.121
NII1,92.3671,91.427
NIII1,92.3531,91.427

G. V NI1,92.0321,91.427
NII1,92.2591,91.427
NIII1,93.0621,91.630

G. VI NI 1,92.2591,91.452
NII 1,92.6231,91.478
NIII1,93.0751,91.579

G. VII NI 1,93.8411,91.681
NII 1,94.6511,91.783
NIII1,95.7541,91.936

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que superen as tarifas máximas fixadas para 1998 non sufrirán incremento ningún.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á publicación da presente orde que non acaden os topes sinalados para 1998 revisaranse coa porcentaxe de aumento correspondente ó grupo e nivel do centro, sempre que non superen ás tarifas máximas de consultas sucesivas fixadas para 1998.

3. Servicios especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

Actualización de prezos de concertos vixentes.

Porcentaxe de aumento e tarifas máximas por día ou sesión de tratamento para 1998.

1. Tratamento domiciliario da síndrome de apnea do sono e insuficiencias respiratorias.

1.1. CPAP.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 403 ptas.

1.2. BIPAP espontánea (dobre presión).

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 594 ptas.

1.3. BIPAP controlada (dobre presión).

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.045 ptas.

1.4. Respirador volumétrico.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 2.300 ptas.

1.5. Monitor de apnea.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 647 ptas.

2. Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

2.1. Osixenoterapia con concentradores.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 570 ptas.

2.2. Osixenoterapia con cilindro ou bala de osíxeno.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 533 ptas.

2.3. Osíxeno líquido.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 1.335 ptas.

O Servicio Galego de Saúde aboará ós pacientes sometidos a tratamento de osixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 2.651 ptas. por mes de tratamento. A citada cantidade poderase aboar directamente ó enfermo ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ó enfermo, na facturación mensual presentada por aquela.

3. Aerosolterapia e ventiloterapia.

3.1. Tratamento individualizado de aerosolterapia e ventiloterapia.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento 243 ptas.

3.2. Tratamento individualizado de aerosolterapia con alto fluxo.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima por día ou sesión de tratamento: 320 ptas.

4. Radioterapia e quimioterapia.

4.1. Radioterapia superficial: 1.182 ptas.

Porcentaxe de aumento:

4.2. Quimioterapia: 1.698 ptas.

Porcentaxe de aumento:

5. Rehabilitación.

5.1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria: 12.465 ptas.

Porcentaxe de aumento:

5.2. Por cada sesión deste tratamento: 499 ptas.

Porcentaxe de aumento:

6. Fisioterapia e logopedia.

6.1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria: 14.522 ptas.

Porcentaxe de aumento:

6.2. Por cada sesión deste tratamento: 577 ptas.

Porcentaxe de aumento:

7. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

7.1. Por cada mes completo de tratamento de reha- bilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría: 27.142 ptas.

Porcentaxe de aumento:

7.2. Por cada sesión deste tratamento: 1.086 ptas.

Porcentaxe de aumento:

8. Hemodiálise por sesión.

8.1. En centros hospitalarios.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 19.363 ptas.

8.2. Nun club de diálise.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 18.488 ptas.

8.3. En centros satélites con persoal sanitario do Servicio Galego de Saúde.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 14.720 ptas.

8.4. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 17.503 ptas.

8.5. No domicilio do enfermo con máquina.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 16.268 ptas.

8.6. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 16.268 ptas.

9. Hemodiálise por día.

9.1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC).

Tarifa máxima: 6.072 ptas.

Porcentaxe de aumento:

9.2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora.

Porcentaxe de aumento:

Tarifa máxima: 10.774 ptas.

9.3. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora baixo volume (<15 l./día): 8.650 ptas.

9.4. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise.

Tarifa máxima: 6.072 ptas.

Porcentaxe de aumento:

9.5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático.

Tarifa máxima: 7.490 ptas.

Porcentaxe de aumento:

9.6. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:

-Hemodiálise no domicilio do enfermo con máquina: 2.284 ptas.

-Resto de hemodiálise: 1.196 ptas.

9.7. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de poliglicosa: 920 ptas.

Co obxecto da facturación e aboamento dos servicios de hemodiálise a domicilio, diálise peritoneal ambulatoria continua e diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático, as tarifas establecidas no punto anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación.

Hemodiálise a domicilio con máquina:

-Material funxible: 6.826 ptas.

-Material fixo: 9.442 ptas.

Diálise ambulatoria continua:

-Material funxible: 6.072 ptas.

Diálise a domicilio con ciclador:

-Material funxible: 8.547 ptas.

-Material fixo: 2.227 ptas.

Diálise a domicilio con ciclador baixo volume (15 l./día):

-Material funxible: 6.920 ptas.

-Material fixo: 1.730 ptas.

Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático:

-Material funxible: 6.395 ptas.

-Material fixo: 1.095 ptas.

Con independencia da tarifa fixada no punto 3.8, punto 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina aboarase á empresa concertada a cantidade, de pagamento único, de 269.100 ptas. en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles enfermos que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servicios de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do enfermo a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no punto 3.9, punto 3, en concepto de pagamento único pola formación, adestramento do enfermo nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o enfermo logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 48.438 ptas., que se aboarán na facturación do mes seguinte ó do inicio do tratamento.

Así mesmo na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 780 ptas. por sesión.

O Sergas aboará ó enfermo por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade de 793 pesetas por sesión como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándoselle ó enfermo, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 2.276 pesetas mensuais por gastos de electricidade.

10. Exploracións mediante Tac-Scanner.

10.1. Por cada exploración con ou sen contraste: 14.500 ptas.

Porcentaxe de aumento:

11. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

11.1. Por cada estudio simple: 27.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

11.2. Por cada estudio dobre: 39.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

11.3. Por cada estudio vascular: 39.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

11.4. Plus de anestesia: 15.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

11.5. Plus de contraste: 8.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

12. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá tódalas probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Doador efectivo: 860.153 ptas.

4. Actualización dos prezos dos concertos vixentes.

As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde para a realización de servicios especiais de diagnóstico e tratamento, incrementaranse, manteranse ou diminuiranse en cada caso, nas porcentaxes e contías establecidas en cada un dos puntos anteriores sempre que non superen as tarifas máximas fixadas para 1998 de conformidade co previsto no artigo 5 da presente orde.

Estas actualizacións de tarifas non serán aplicables se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

Os prezos dos concertos vixentes para as distintas prestacións de medicina nuclear e dos servicios de diagnóstico e tratamento non incluídos nos puntos anteriores non se incrementarán en 1998.

5. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

1. Litotricia renal extracorpórea, tarifa máxima por proceso: 135.000 ptas.

Porcentaxe de aumento:

2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos ós sinalados nos puntos anteriores de xeito individualizado ós centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

3. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

4. Nos concertos nos que estean incluídos os procesos médicos ou cirúrxicos diferenciados e teñan prevista cláusula de revisión de prezos, a contía individual de cada proceso poderá ser incrementada na porcentaxe máxima do 1,9 por 100, sempre que non superen os topes establecidos na orde.

5. A inclusión no concerto dalgún dos procedementos cirúrxicos requirirá, en todo caso, que o cen

tro se atope cualificado, de forma provisional ou definitiva, entre os grupos IV ó VII dos establecidos no anexo I da resolución da Secretaría de Estado para a Sanidade do 11 de abril de 1980.

Artigo 2º.-Concertos singulares.

1. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la subscrición de concertos singulares distintos ós referidos no punto 2.1 da circular nº 1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades ponderadas de asistencia (UPAS), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para 1998, na que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 3º

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de:

-Monitorizacións e terapias domiciliarias relacionadas con actividade respiratoria.

-Osixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

-Hemodiálise e diálise domiciliaria.

Sen prexuízo das instruccións que ó respecto dicte a División de Recursos Económicos e sen que en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 4º.-Contratos marco.

Para efectos do previsto no artigo 160.2º.f da Lei 13/1995, segundo a redacción dada a este polo artigo 72.2º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, os concertos singulares regulados no artigo 2º da presente orde terán a consideración de contrato marco en relación cos servicios establecidos no artigo 1º, puntos 3.10, 3.11 e 5, sempre que as ditas prestacións figuren na carteira de servicios do centro concertado.

Os contratos-programa anuais dos concertos substitutorios, así como as cláusulas adicionais dos restantes concertos singulares, que se subscriban a partir da entrada en vigor desta orde recollerán o carácter do contrato marco deles.

Constituirán condicións técnico-económicas, de carácter marco, para a contratación das prestacións recollidas no artigo 1º, puntos 3.10, 3.11, e 5, desta

orde; as establecidas no propio concerto singular, se as houbese, as que determine especificamente o Sergas ou, no seu defecto, as xerais establecidas na presente orde.

Artigo 5º.-Normas de procedemento.

1. A revisión das tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1997 será realizada automaticamente polo Sergas, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998. Para os concertos subscritos con posterioridade ó 31 de decembro 1997 a aplicación da revisión das tarifas será desde a data da súa formalización. Agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nos concertos en vigor que inclúan prestacións, nas cales as súas tarifas para 1998 sexan inferiores ás determinadas para 1997, a regularización que resulte pertinente efectuarase na facturación correspondente ó mes seguinte ó da entrada en vigor desta orde.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante a partir da data de entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas que se autorizen serán as incluídas nela.

2. Para axiliza-la aplicación desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

1. Con independencia do procedemento de revisión previsto no artigo 2º para os concertos singulares, os directores provinciais do Sergas, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia, por cada concerto vixente na súa provincia, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira dereito ó incremento.

O contido desa nota dilixencia comunicarase por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada á que se lle dá un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade, ou, se é o caso, as alegacións que consideren oportunas.

2. Se transcorrido o prazo indicado non se producise algunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibise escrito de conformidade desta, o director provincial remitirá a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial emitirá resolución que eleve a definitiva a revisión proposta. Esta resolución xunto cun exemplar da nota dilixencia remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á Secretaría Xeral, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

3. Se transcorrido o prazo de vinte días se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 6º

As unidades de control de concertos das direccións provinciais, velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos enfermos da Seguridade Social.

Artigo 7º

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 1998 á que se refire o artigo 4º non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas que a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nelas.

Artigo 8º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos puntos anteriores considéranse incluídos tódolos impostos, taxas e demais cargas legais e especificamente o imposto sobre o valor engadido (IVE), dos servicios gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral e o director xeral da División de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

11744