Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 16 de decembro de 1998 sobre revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio na Comunidade Autónoma.

A Lei 8/1991, do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, establece no seu artigo 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación dos servicios concertados, así como a súa modificación e revisión.

A orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 28 de agosto de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 181, do día 19 de setembro de 1997, establecía as normas para a revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario para 1997. Tendo en conta a evolución de índices de prezos en 1997 e as previsións para 1998, resulta necesaria a actualización das condicións económicas dos concertos actualmen

te vixentes, así como a das tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ambulancias medicalizadas. Tipo III.

1. As tarifas máximas aplicables en 1998 para o traslado de pacientes nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

Por cada servicio urbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada: 34.621 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas: 27.411 ptas.

Por cada servicio interurbano:

Se o médico e ATS é persoal da empresa concertada, por km: 207 ptas.

Se o médico e ATS é persoal do Sergas, por km: 133 ptas.

2. Nos servicios interurbanos as distancias en km contabilizaranse desde o domicilio do paciente ata o punto de destino.

3. As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor da presente orde revisaranse aplicando sobre as tarifas de cada concerto o 1,9 por 100 de aumento para cada modalidade de servicio, sempre que as tarifas resultantes non sexan superiores ás tarifas máximas establecidas no presente artigo.

Artigo 2º.-Ambulancias básicas e asistenciais. Tipos I e II.

1. As tarifas máximas aplicables durante 1998 ó traslado de pacientes nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

Transporte non urxente pesetasTransporte urxente

pesetas

Servicios interurbanos
Por cada quilómetro6065
Servicios urbanos
Por cada servicio urbano
-En poboacións de máis de

200.000 habitantes

1.803 1.975
-En poboacións de

ata 200.000 habitantes

1.275 1.397
Tempo de espera
Por cada hora1.708

2. O tempo de espera, para o efecto de aplicación da tarifa fixada por esta orde, computarase cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade de regreso do paciente, para traslados inte

rurbanos distantes máis de 40 km, aboándose a tarifa establecida por horas completas desde a primeira hora de espera, incluíndo esta e ata un máximo de 4 horas, non aboándose tempos de espera por períodos inferiores a 60 minutos.

Os concertos vixentes que non incorporaran este concepto nos seus contratos requirirán a aceptación expresa da empresa concertada para a súa incorporación.

3. O cómputo dos km en servicios interurbanos realizarase tal como se define no punto 2 do artigo 1º da presente orde.

Artigo 3º.-Vehículos de traslado colectivo sanitario.

1. Transporte colectivo interurbano. As tarifas máximas para os novos concertos que se subscriban en 1998 polo traslado de pacientes nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

1.1. Importe fixo mensual: 272.546 ptas. vehículo. Este importe aboarase por cada mes que o vehículo prestara os seus servicios a requirimento das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, e inclúe a realización polo vehículo dun mínimo de 75 servicios mensuais, considerando como servicio o traslado dun paciente desde o seu domicilio a un centro asistencial e o retorno.

1.2. Importe por quilómetro, 54 ptas. Este importe aboarase polos quilómetros percorridos diariamente, calquera que sexa o número de pacientes trasladados, non computándose os percorridos en baleiro e determinándose o número de km segundo as distancias máis curtas entre as localidades da rota, reflectidas no mapa oficial de estradas, editado polo Ministerio de Fomento.

1.3. Importe por servicio adicional: 378 ptas. Este importe aboarase polos servicios realizados que superen os 75 mensuais establecidos no punto 1.1 e coa mesma definición.

2. En atención ás necesidades asistenciais concretas, a División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de servicios de traslado colectivo sanitario de pacientes no medio urbano, logo da determinación das tarifas aplicables en cada caso.

Artigo 4º.-As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor da presente orde poderanse incrementar nun 1,9 por 100, sempre que non superen as tarifas máximas establecidas nos artigos 1, 2 e 3. Igualmente, poderanse incrementar na porcentaxe máxima do 1,9 por 100 os concertos de transporte sanitario subscritos polo Servicio Galego de Saúde distintos dos sinalados nos anteriores artigos.

Artigo 5º.-Concertos de transporte con orzamento fixo.

Dentro do plan asistencial de transporte sanitario de cada provincia e cando o Servicio Galego de Saúde o considere necesario para garanti-lo servicio de

transporte sanitario, calquera que sexa a súa modalidade, en determinadas poboacións, poderase contratar mediante o establecemento dunha contraprestación económica consistente nun canon fixo mensual.

Este canon calcularase en función da previsión de servicios que se vaian realizar e do número posible de pacientes usuarios, así como das distancias existentes ós centros de tratamento.

A contraprestación que se estableza non poderá supera-las tarifas vixentes con carácter xeral. As condicións administrativas e económicas deberán ser aprobadas polo Servicio Galego de Saúde.

As condicións económicas dos concertos de transporte con orzamento fixo revisaranse de acordo co previsto en cada concerto.

Para efectos do previsto no Art.160.2º.F da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, segundo redacción dada polo Art. 72.2º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, os concertos de transporte con orzamento fixo que sexan subscritos ou renovados a partir da entrada en vigor da presente orde, terán a consideración de contratos marco, respecto ó transporte sanitario do seu ámbito territorial de aplicación.

Artigo 6º.-Normas de procedemento.

1. A aplicación da revisión de tarifas dos concertos vixentes no 31 de decembro de 1997 realizaraa automaticamente o Servicio Galego de Saúde, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 1998.

Para os concertos subscritos con posterioridade á dita data, a efectividade da revisión será desde a data da súa formalización.

Ós concertos autorizados conforme as tarifas máximas establecidas para 1997 e que se atopen en fase de formalización á entrada en vigor da presente orde, seranlles de aplicación as normas de revisión que se establecen unha vez formalizados.

Non obstante, aqueles concertos de transporte que se formalizaron en 1997 coas tarifas de 1996 e non se actualizaron durante 1997, poderán ser revisados co incremento correspondente a 1997 e 1998, acumulado.

Nas autorizacións de uso temporais, a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas serán as incluídas nela.

2. O cómputo de km, desde o domicilio do paciente ata o punto de destino será de aplicación a partir da entrada en vigor da presente orde.

3. Para axiliza-la aplicación inmediata desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

3.1. Os directores provinciais ou, se é o caso, os directores xerentes dos hospitais do Servicio Galego de Saúde, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia por cada concerto vixente na súa provincia ou no seu centro hospitalario, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira o dereito ó incremento. O contido desta dilixencia será comunicado por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada, outorgándolle un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade ou, se é o caso, alegacións de desconformidade.

3.2. Se transcorrido o prazo indicado non se producira ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibira escrito de conformidade dela, o director provincial ou director xerente remitirá a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial ou director xerente emitirá resolución, elevando a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución, xunto cun exemplar da nota dilixencia remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á División de Asistencia Sanitaria, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

3.3. Sen prexuízo dos recursos que ó respecto poidan presentarse, a dirección provincial ou o centro hospitalario procederá a efectua-las liquidacións de retrasos correspondentes e a tramita-las sucesivas facturacións coas novas tarifas.

3.4. Se, transcorrido o prazo citado de vinte días, se producise escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial ou o centro hospitalario elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 7º.-Os servicios de Inspección velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos pacientes da Seguridade Social.

Artigo 8º.-As tarifas establecidas na presente orde inclúen tódolos impostos, taxas e cargas legais que gravan ou poidan grava-los servicios obxecto de contratación polo Servicio Galego de Saúde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral da División de Asistencia Sanitaria e o director xeral da División de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1998.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

11705