Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Mércores, 30 de decembro de 1998 Páx. 13.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 22 de decembro de 1998 pola que se fixan as contías máximas que lles achegará o Igape ás S.G.R. radicadas en Galicia, en virtude do establecido na Orde do 27 de xuño de 1995 da Consellería de Economía e Facenda.

Dentro dos fins do Igape atópanse os de:

-Fomenta-la prestación de servicios a empresas, especialmente ás pequenas e medianas, promovendo sociedades de servicios.

-Promover e establecer acordos de todo tipo con empresas, organismos, institucións, asociacións e expertos que poidan contribuír ó logro dos seus fins e funcións.

Nesta liña, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de xuño de 1995 establece as acegas e axudas que o instituto destinará a apoia-las sociedades de garantía recíproca radicadas en Galicia.

O convenio subscrito no ano 1995 entre o Igape e as sociedades de garantía recíproca radicadas en Galicia ó abeiro do artigo 3. a) da dita orde, dispón que as cantidades máximas anuais destinadas ás axudas a estas sociedades estableceranse anualmente mediante orde da Consellería de Economía e Facenda. Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-O Igape destinará, dentro dos orzamentos que ten asignados para 1998, unha achega a

tanto global que se fixa para este ano en 15 millóns, como máximo, a cada S.G.R. radicada en Galicia, cun límite máximo de 30 millóns de pesetas, destinada a incrementa-los seus fondos de provisións técnicas.

Artigo 2º.-A contribución máxima das achegas indicadas no punto a) do artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de xuño de 1995 fíxase en 450 millóns de pesetas, non podendo superarse o límite de 225 millóns de pesetas por sociedade, agás que mediante resolución expresa do presidente do Igape así se estableza e sempre que, conxuntamente, non se supere o límite máximo indicado para o conxunto de sociedades.

Artigo 3º.-Para que poidan ser operativas as achegas mencionadas no artigo anterior, será preciso que se ratifiquen os convenios asinados no ano 1995, engadíndolles unha addenda que conteña as limitacións definidas nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

11700