Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.637

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 18 de novembro de 1998 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, se é o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo

ANEXO

Semánticas do vídeo (galego): 500 ptas.

Semánticas del vídeo (castelán): 500 ptas.

O fantástico: oito prismas. Cine de verán na terraza do CGAC (galego): 500 ptas.

El fantástico: ocho prismas. Cine de verano en la terraza del CGAC (castelán): 500 ptas.

Carlos Alcolea (galego, castelán, inglés): 3000 ptas.

Colección Schwitters (galego, castelán, inglés): 3000 ptas.

Hans Hemmert (galego, castelán, inglés): 1.500 ptas.

11570