Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 23 de decembro de 1998 Páx. 13.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 362/1998, do 10 de decembro, polo que se declara a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens afectados polas obras OH.436.322 do proxecto reformado do actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial (Lalín-Pontevedra).

Con data do 18 de novembro de 1998, o presidente de Augas de Galicia aprobou definitivamente o proxecto reformado do actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial (Lalín-Pontevedra).

Os bens e dereitos nos que se concreta a declaración de urxente ocupación aparecen recollidos e valorados no citado proxecto.

A competencia para a declaración de urxente ocupación tena atribuída a Xunta de Galicia en virtude do artigo 2 do Decreto 24/1987, do 29 de xaneiro, sobre asunción de competencias en materia de obras hidráulicas.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de decembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación no proxecto das obras do proxecto reformado do actualizado da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial (Lalín-Pontevedra).

Santiago de Compostela, dez de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

11288