Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 4 de decembro de 1998 pola que se fixan os prezos de venda ó público de diversas publicacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A Lei 31/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO

-Centros de Menores, de Onte a Hoxe: 2.500 ptas.

-III Plan de Igualdad de Oportunidades de las Mujeres Gallegas. 1998-2001: 800 ptas.

-III Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres Galegas. 1998-2001: 800 ptas.

-Crea a Túa Empresa: 900 ptas.

-II Plan Integral de Apoio á Familia: 1.000 ptas.

-Outono Fotográfico 1998: 1.700 ptas.

11097