Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 1998 pola que se acorda a remisión do expediente solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso 01/1146/1998, interposto por José Fernández Merelas.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 01/1146/1998, interposto por José Fernández Merelas contra a resolución da Consellería de Medio Ambiente do 6-8-1998 (expediente sancio

nador de montes nº MP-116/97.C), sobre a sanción por corta de árbores sen autorización regulamentaria, tendo sido reclamado o expediente pola mesma, nesta data acórdase remitilo dito expediente á sección primeira da dita Sala do Contencioso-Administrativo.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en autos na sección primeira da antedita sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998, DOG do 15)

Xosé Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

11525