Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.529

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de decembro de 1998 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o ingreso nos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

Presentada renuncia por parte de Antonio Carlos Pereira Menaut, nomeado vocal titular do Tribunal D-5 encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia, pola Orde do 28 de setembro de 1998 (DOG nº 194, do 6 de outubro) esta consellería, de conformidade co establecido na normativa vixente:

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de Antonio Carlos Pereira Menaut como vocal titular do Tribunal D-5 e nomear no seu lugar a Eloy Rodríguez Gayán, profesor titular de Dereito Internacional Privado da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

11127