Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 18 de decembro de 1998 Páx. 13.523

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Tablicia, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Tablicia, S.A. (código 2700492), da provincia de Lugo, asinado o día 20 de outubro de 1998, pola

representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/95, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegacion provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 20 de novembro de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de Tablicia, S.A. 1998-1999

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

O presente convenio colectivo afectará a tódolos traballadores que manteñan relación laboral coa empresa Tablicia, S.A., ou que durante a vixencia do presente convenio colectivo puedan establecer relación laboral coa empresa.

1. Ámbito funcional.

A empresa Tablicia, S.A. está dedicada á fabricación de taboleiro aglomerado de particulas de madeira.

2. Ámbito territorial.

A empresa Tablicia, S.A. está situada no lugar de Nadela, s/n, provincia de Lugo.

3. Ámbito temporal.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, retrotraéndose os seus efectos económicos ó día 1 de xaneiro de 1998 e prolongándose a súa duración ata o 31 de decembro de 1999.

Artigo 2º.-Denuncia.

Acórdase que se estableza denuncia de forma automática ó final do presente convenio colectivo.

Artigo 3º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria, integrada pola totalidade dos compoñentes da comesión negociadora deste convenio. As competencias da dita comisión serán:

-Interpretación do convenio.

-Vixilancia do cumprimento das cláusulas e artigos deste convenio.

A comisión reunirase a petición de calquera das partes.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo na empresa afectada polo presente convenio terá as seguintes modalidades.

-Xornada partida.

-Xornada continuada.

-Xornada a quendas.

A duración da xornada de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo en xornada partida e de 40 horas de traballo en xornada continuada.

A xornada de quendas poderá ser de dúas, tres ou catro quendas de traballo.

A empresa queda autorizada para establecer con plena liberdade a xornada de catro ou máis quendas de persoal, con obxecto de non interrompe-lo proceso de producción, que ha de ser continuado, asegurando o traballo durante todo o mes.

Para tales efectos recoñécese expresamente o sistema de quendas de traballo e de xornada aprobados por resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 1980, referida a esta empresa independente da facultade que á empresa se lle recoñece no parágrafo anterior.

A todo traballador que realice a xornada en catro ou máis quendas recoñéceselles a posibilidade de traballar unha xornada dos seus descansos correspondentes a 28 días, comprometéndose a empresa a aboárllelos a todos aqueles que non renunciasen de acordo co establecido no parágrafo seguinte.

Os traballadores interesados no manifestado no parágrafo anterior notificaranlle á empresa ó entrar en vigor o presente convenio as xornadas de descanso que desexen traballar, e traballarana no día de trallo a que o descanso corresponde, a xornada continuada, durante a mañá-tarde do martes. No momento en que o productor desexe rescindir este compromiso, a empresa quedará liberada del e posteriormente só poderá, a nova petición deste, reconsidera-la posibilidade de ofrecer tal traballo se a súa organización llo permitise, e sen compromiso en tanto non realice esta xornada.

Durante as paradas de fabricación que teñan unha duración superior a 24 horas, a empresa respectará os descansos dominicais e non se realizarán en xornadas nocturnas a excepción daquel persoal que sexa necesario para a posta en marcha, para efectua-los traballos de mantemento de necesidade inmediata ou para aqueloutros dos que, pola súa natureza, non se puidese prescindir.

Tódolos traballadores de xornada a quenda desfrutarán de media hora de descanso en cada xornada, sen que iso implique trastorno ningún no normal desenvolvemento da actividade productiva da fábrica. Este tempo será contabilizado para tódolos efectos como tempo efectivo de traballo.

Á entrada en vigor do presente convenio colectivo, «tempo efectivo de traballo» entenderase sempre referido ós horarios de entrada e saída das correspondentes quendas na fábrica. Os horarios de referencia serán os establecidos na resolución da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia do 17 de outubro de 1980, xa anteriormente mencionada.

1. O persoal acollido ó réxime de xornada partida (persoal técnico, administrativo, encargados, persoal de carga e almacén, de mantemento, servicio forestal, etc.) realizaraa distribuíndo as 40 horas semanais desde o luns ó venres, conforme o seguinte cadro horario, de forma que quede libre a xornada do sábado:

Xornada de mañá: de 9 a 14 horas.

Xornada de tarde: de 16 a 19 horas.

Non obstante, cando a dirección da empresa, por mor da necesidade de realizar traballos de calquera índole, considere preciso que determinado número de traballadores deba acudir ó traballo a xornada do sábado, en día festivo ou en horario nocturno, a prestación do servicio polos traballadores designados para tal fin será obrigatoria para os efectos previstos no artigo 35.4º do Estatuto dos traballadores, compensándose, no caso de xornada do sábado, coas mesmas horas de descanso e o dobre de horas no caso de días festivos ou en horario nocturno. O descanso terá lugar calquera outro día de semana, que fixe a dirección da empresa de acordo co persoal afectado.

2. Días de Noiteboa e fin de ano.

Nestes dous días non se traballará nas quendas de noite, as quendas de tarde finalizarán ás dezaoito horas e os traballadores de xornada partida realizaranse de 9 a 14 horas.

Artigo 5º.-Vacacións.

Todo o persoal vinculado ó presente convenio colectivo desfrutará dun período anual de 30 días naturais e ininterrompidos de vacacións. Salvo acordo expreso noutro sentido, estas serán desfrutadas entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Con dous meses de antelación ó comezo do desfrute das vacacións, a empresa deberá expoñer no taboleiro de anuncios o programa de desfrute delas.

O tempo de baixa por incapacidade laboral non afectará o período de vacacións.

Cando coincida o último día de traballo dunha quenda que traballou sete días consecutivos co anterior ó inicio da vacacións anuais, aumentaranse estas en dous días.

Será preceptiva a consulta ó comité de empresa.

Artigo 6º.-Condicións mínimas.

As melloras económicas que se implanten neste covenio teñen carácter de mínimas. A empresa manterá aqueles pactos, cláusulas e situacións de feito

que signifiquen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

Os traballadores terán dereito a permisos retribuído coa oportuna xustificación nos seguintes casos:

-Por matrimonio, 15 días naturais.

-Por falecemento do cónxuxe, fillos, pais ou irmáns de familiares do cónxuxe no mesmo grao de parentesco, 4 días naturais.

-Por falecemento de avós, netos tíos e sobriños, cuñados, dous días naturais.

-Por voda dun fillo, un día. Caso de realizarse fóra da provincia, dous días.

-Por enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns, dous días naturais.

-Para o cumprimento inescusable de deberes públicos legalmente esixibles, o tempo necesario para iso.

-Por razón de estudios, as licencias necesarias para a asistencia a convocatoria de exames finais.

-Por razón de cambio de domicilio, dous días naturais; de realizarse fóra da localidade, cinco días.

-Por parto da esposa, tres días naturais, ampliables a outros dous non retribuídos.

1. Licencias non retribuídas.

-Por asuntos propios, 3 días non retribuídos, exclusivamente para o persoal que traballe en xornada partida, (das 9 ás 14 horas e das 16 ás 19 horas) en cómputo anual.

Artigo 8º.-Período de proba.

O período de proba concrétase no seguinte:

-Persoal técnico titulado: dous meses.

-Oficiais: un mes.

-Peonaxe: quince días.

Artigo 9º.-Contrato de traballo.

O contrato de traballo baséase no principio de establidade no emprego, coas excepcións previstas na lei.

Artigo 10º.-Postos vacantes de nova creación.

Os postos de traballo vacantes e de nova creación serán cubertos pola empresa dándolle prioridade absoluta ó persoal do cadro que supere as probas establecidas con ese fin, para efectos de facilita-la promoción profesional dos traballadores. Quedan excluídos os postos directivos e de responsabilidade.

Artigo 11º.-Traballos de categoría superior.

Cando o traballador realice traballos de categoría superior á que teña atribuída, recibirá durante o tempo de prestación a remuneración total que veña percibindo o productor da categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Estes traballos non poderán exceder de tres meses ininterrompidos, debendo o traballador ó cabo deste tempo volver á función da súa anterior categoría ou ser ascendido automaticamente á categoría superior.

Artigo 12º.-Capacidade diminuída.

Os traballadores que por accidente, enfermidade, idade ou outras circunstancias, vexan diminuída a súa capacidade, deberán ser destinados a traballos adecuados ás súas posiblidades. Esgotaranse tódolos medios terapéuticos posibles para a súa rehabilitación no mesmo posto de traballo. En calquera caso, a súa retribución nunca será inferior á categoría profesional que tivera recoñecida.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o persoal de dúas fundas cada ano. Naqueles postos de traballo en que fose necesario e coa opotuna xustificación previa, serán provistos das precisas.

Artigo 14º.-Servicio militar.

O persoal da empresa que realice o servicio militar terá reservado o seu posto de traballo. Finalizado o período de permanencia en filas, a reincorporación do traballador deberá efectuarse no prazo de trinta días naturais despois da terminación real do dito servicio.

O tempo de realización do servicio militar será computable para a antigüidade. Así mesmo, durante ese período terá dereito á percepción das pagas extraordinarias.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, a empresa contratará a favor dos traballadores a ela vinculados unha póliza de seguros polos seguintes valores.

-Falecemento por calquera causa: 1.894.752 ptas.

-Morte por accidente: 1.263.168 ptas.

-Morte por accidente de circulación: 3.157.920 ptas.

-Incapacidade profesional total e permanente: 3.157.920 ptas.

As garantías de morte ou falecemento son acumulativas dependendo da causa que o orixine.

Os traballadores designarán a persona beneficiaria das contías esteblecidas.

A póliza de seguros actualizarase con respecto ó incremento que poida experimenta-lo índice de prezos de consumo establecido de forma anual polo Instituto Nacional de Estatística.

Artigo 16º.-Premio de xubilación.

Á súa xubilación, o traballador que permanecese cando menos 10 anos na empresa percibiraa o importe de dúas mensualidades, e unha máis por cada 5 anos ou fracción que exceda dos doce mencionados.

Se un traballador desexase xubilarse anticipadamente, percibirá as cantidades que se establecen na seguinte táboa:

-Ós 60 anos: 225 días de soldo.

-Ós 61 anos: 170 días de soldo.

-Ós 62 anos: 135 días de soldo.

-Ós 63 anos: 110 días de soldo.

-Ós 64 anos: 90 días de soldo.

Artigo 17º.-Aprendices.

Os aprendices realizarán unicamente traballos de aprendizaxe de oficialía.

No presente convenio colectivo establécese a prohibición absoluta de que os aprendices realicen horas extras, así como efectuar traballos penosos, perigosos ou nocturnos.

En ningún caso poderán efectuar traballos os menores de 16 anos.

Unha vez superada a apredizaxe e logo dun exame, o aprendiz ingresará na categoría de oficial, resultante da citada proba.

Artigo 18º.-Baixa por accidente laboral.

En caso de accidente laboral, no centro de traballo ou in itinere, a empresa, á parte da prestación da Seguridade Social, aboaralle ó traballador un 10% do seu salario real, durante toda a incapacidade transistoria, e desde o primeiro día do accidente.

Se o suposto sinalado dese lugar á hospitalización do traballador, a empresa completará ata o 100% do seu salario convenio, exclusivamente durante o tempo que dure tal situación.

1. Baixa por enfermidade.

A partir de dúas semanas ininterrompidas, o traballador percibirá con cargo á empresa un complemento que adicionado á prestación do INSS, complete o 100% dos seus salarios reais, podendo requirirse certificación médica e o visto e prace en sección conxunta do comité de empresa e a dirección, tomando como base o mes anteriormente traballado con exclusión soamente de horas extras.

Os tres primeiros días de baixa por enfermidade, a empresa aboará o 60% da base reguladora correspondente á dita situación de baixa.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal percibirá as seguintes pagas extraordinarias:

-Nos meses de xullo e decembro, equivalentes cada unha delas a trinta días de salario base máis antigüidade.

-Unha paga de beneficios por un importe de trinta días de salario base máis antigüidade, que se aboará na primeira quincena do mes de marzo.

1. Bolsa de reis.

Con motivo da festividade dos Reis Magos, aboarase no ano 98 unha paga equivalente ó 40% dunha extraordinaria normal (xullo o decembro).

No ano 99, a paga con motivo desta festividade será equivalente ó 50% dunha extraordinaria normal (xullo e decembro).

Artigo 20º.-Plus de nocturnidade.

No ano 98 será equivalente ó 30% do salario de convenio.

No ano 99 será equivalente ó 40% do salario de convenio.

Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Para os traballadores de xornada continuada, terán como consideración de horas extraordinarias as que excedan de 160 ó mes en cómputo cuadrimestral.

Poderanse realiza-las horas extraordinarias que sexan necesarias para pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou otras circunstancias de carácter estructural.

Para o pagamento efectivo das horas extraordinarias, teranse en conta os valores vixentes na data de hoxe, incrementados nun 2,5%. O prezo destas cumpre co artigo 35.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Retribucións.

No presente convenio colectivo páctase para o primeiro ano da súa vixencia unha suba salarial do 2,5% respecto ó de 1997 e para o segundo ano de vixencia, páctase outra suba do 2,5% respecto dos do primeiro ano de vixencia.

As táboas salariais para os anos 1998 e 1999 serán as que se xuntan nos anexos I e II.

Páctase así mesmo que en caso de que o índice de prezos ó consumo para os anos 1998 e 1999 do Instituto Nacional de Estatística, IPC anual, supere o 2,5% efectuarase unha regularización de suba salarial do presente convenio consistente no aboamento dunha paga que polo diferentes conceptos retributivos supoña a diferencia entre o 2,5% e o IPC anual, redondeando en máis a 0,5 puntos.

-Plus de traballo a quendas.

Os productores que presten os seus servicios en tres quendas ou en terceiro ou cuarto equipo para a súa realización percibirán unha prima única mensual por tal concepto de 9.000 pesetas nos anos 1998 e 1999.

-Plus extrasalarial por indemnizacións e suplidos.

Polos gastos realizados como consecuencia da súa actividade laboral. Este será satisfeito, unicamente na xornada completa realmente traballada, e non formará parte da bases de cotización á Seguridade Social. A súa contía para o ano 1998 será de 10.000 pesetas mensuais.

No ano 1999, este plus terá as mesmas condicións, coa excepción de que terá carácter salarial e, polo tanto, formará parte das bases de cotización de Seguridade Social.

Artigo 23º.-Axuda escolar.

Establécese unha axuda escolar para os traballadores con fillos ó seu cargo en idade escolar (inclúese infantil, primaria, EXB, BUP, COU, universitarios e outros), consistente nun fondo de axuda de 1.200.000 pesetas ó ano.

O reparto do fondo entre as peticións que anualmente se presenten será efectuado por un comité formado por un representante da empresa e dous dos traballadores.

No caso de que houbera sobrante de fondos durante o ano aplicaríase a aumenta-lo fondo do ano seguinte.

Cláusulas adicionais

Primeira.-As diferencias salariais que se ocasionen como consecuencia do pactado no presente convenio colectivo, seranlles aboadas pola empresa ós productores, no prazo máximo de trinta día a partir da data da súa sintura, independentemente da data da súa publicación no BOP.

Segunda.-As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e abosorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal, en cómputo anual, salvo que expresamente se pacte o contrario.

Terceira.-O importe a que ascenda o custo do tempo a que teñan dereito os membros do comité de empresa a que lles sexa compensado, farao efectivo a empresa e destinarase a constituír un fondo social, para a súa aplicación a fins sociais, a criterio do referido comité.

Cuarta.-Para todas aquelas cuestións non previstas polo presente convenio, observarase o disposto no texto da ordenanza laboral da madeira, que se dá por reproducido, e no Estatuto dos traballadores e normas dictadas para a súa aplicación.

ANEXO I

Táboa salarial 1998

CategoríasSalario base díaAnual

Encargado xeral 3.6991.682.922
Encargado de sección 3.6191.646.628
Xefe de equipo 3.4871.586.471
Oficial de 1ª 3.4871.586.471
Oficial de 2ª 3.3571.527.307
Axudante 3.2391.473.613
Peón especializado 3.1791.446.268
Peón 3.1641.439.805
Aprendices 2.2671.031.628

Persoal subalterno
Pesador-basculeiro 97.1111.456.665
Almaceneiro100.5771.508.655
Chofer turismo100.5771.508.655

CategoríasSalario base díaAnual

Garda100.5771.508.655
Chofer mecánico104.6891.570.332

Persoal administrativo
Auxiliar, mecanógrafa, Tel. 97.1111.456.665
Oficial de 2ª110.9391.664.084
Oficial de 1ª121.3051.819.578
Xefe administrativo133.7532.006.295

Persoal técnico
Analista, calcador 97.1111.456.665
Xefe de taller109.9021.648.529
Delineante110.7501.661.248
Xefe de talleres121.3051.819.578
Titulado de grao medio123.3791.850.686
Titulado de grao superior160.0432.400.644

ANEXO II

Táboa salarial 1999

CategoríasSalario base díaAnual

Encargado xeral 3.7911.724.995
Encargado de sección 3.7091.687.794
Xefe de equipo 3.5741.626.132
Oficial de 1ª 3.5741.626.132
Oficial de 2ª 3.4411.565.490
Axudante 3.3201.510.453
Peón especializado 3.2581.482.425
Peón 3.2441.475.800
Aprendices 2.3241.057.419

Persoal subalterno
Pesador-basculeiro 99.5391.493.082
Almaceneiro103.0911.546.372
Chofer turismo103.0911.546.372
Garda103.0911.546.372
Chofer mecánico107.3061.609.590

Persoal administrativo
Auxiliar, mecanógrafa, Tel. 99.5391.493.082
Oficial de 2ª113.7121.705.686
Oficial de 1ª124.3381.865.067
Xefe administrativo137.0972.056.453

Persoal técnico
Analista, calcador 99.5391.493.082
Xefe de taller112.6501.689.743
Delineante113.5191.702.779
Xefe de talleres124.3381.865.067
Titulado de grao medio126.4641.896.954
Titulado de grao superior164.0442.460.660

11280