Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.369

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se resolve definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

De conformidade co previsto na base sexta da Resolución do 9 de xullo de 1998, pola que se fai pública a convocatoria do concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 136, do 16 de xullo de 1998), esta división, no exercicio das competencias que ten delegadas polo artigo 19.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro (DOG nº 33, do 18 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, e no artigo 4 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio),

ACORDA:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso voluntario de traslados para a provisión de prazas de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 9 de xullo de 1998, nos termos que aparecen reflectidos no anexo da presente resolución.

Na lista definitiva incluída no anexo figura a relación por cada categoría dos concursantes admitidos, a puntuación definitiva outorgada a cada un e, se é o caso, o destino adxudicado. Así mesmo, tamén se inclúen nesta lista os aspirantes excluídos por algunha das causas de exclusión relacionadas na mesma.

Segundo.-A publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia servirá de notificación ós interesados e a partir do primeiro día hábil seguinte a ela comezarán a contarse os prazos establecidos para que os organismos afectados efectúen as actuacións administrativas procedentes, sen prexuízo do disposto no parágrafo terceiro do apartado quinto da presente resolución.

Terceiro.-Conforme o establecido no artigo 18.4º do Real decreto 118/1991, do 15 de xaneiro, as prazas adxudicadas serán irrenunciables, a menos que durante o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, caso no que o interesado poderá optar entre os postos que lle fosen adxudicados, estando obrigados a comunica-la opción realizada ós organismos convocantes dos concursos en que participaran, dentro do prazo de tres días.

Cuarto.-De conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, os concursantes que obteñan praza deberán cesar na que, se é o caso desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución definitiva. Non obstante, o xerente da institución, por necesidades do servicio, poderá ampliar este prazo ata dez días, comunicando tal decisión á institución na que obtivese novo destino.

A toma de posesión da nova praza deberá efectuarse no centro de xestión de destino dentro dos tres días seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade, no prazo de quince días, se as prazas son de distinta localidade e da mesma área de saúde, ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde.

Se así o permiten as necesidades do servicio e a petición do interesado, os prazos a que se refiren os apartados anteriores poderán ser prorrogados por tempo non superior á metade da súa duración inicial.

Quinto.-O prazo de toma de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, fose concedido ó interesado, a non ser que, por causas xustificadas, se acorde suspende-lo seu desfrute.

Non sendo, cando a resolución do concurso implique o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión e, se é o caso, a prórroga desta terá a consideración de servicio activo percibíndose os correspondentes haberes consonte ás normas establecidas na Orde do 17 de abril de 1998, pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas de persoal ó servicio da Administración autonómica.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, contado desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sexto.-Cando un concursante non tome posesión da súa nova praza dentro do prazo de toma de posesión ou, se é o caso, da prórroga que á súa petición motivada lle fose concedida, entenderase que renuncia a esta e causará baixa na súa categoría como persoal estatutario, a non ser que tal feito se produza por causas suficientemente xustificadas, así apreciadas, logo de audiencia do interesado, pola autoridade convocante. En tal caso, poderase deixar sen efecto a citada baixa debendo incorporarse á nova praza tan pronto como desaparezan os motivos que imposibilitaron a toma de posesión.

No suposto de que a autoridade convocante acorde a súa baixa na categoría de conformidade co establecido no parágrafo anterior, daráselle conta disto ós órganos centrais do Insalud e ós Servicios de Saúde das comunidades autónomas que teñan asumidas as competencias do Insalud segundo corresponda.

Sétimo.-Os concursantes que non obteñan praza no concurso manteranse na situación de destino que ostentan, con excepción dos reingresados provisio

nais que poderán exerce-la opción á que se refire a base 2.5ª da Resolución do 9 de xullo de 1998 pola que se convocou o concurso de traslados.

Oitavo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

P1: Servicios prestados con carácter estatutario fixo na mesma categoría.

P2: Servicios prestados con carácter estatutario fixo noutra categoría.

P3: Servicios prestados con carácter temporal na mesma categoría.

P4: Servicios prestados con carácter temporal noutra categoría.

P5: Servicios prestados noutras administracións en posto de igual grupo e contido funcional.

P6: Para ATS/DUE e FISIOTERAPEUTAS, servicios prestados en propiedade na modalidade na que concursan.

GA: Galego.

CATEGORÍADNIAPELIDOS E NOMECAUSA DE EXCLUSIÓN

ATS10035070ÁLVAREZ SOS, Mª PILAREXCLUÍDO: 1
ATS32421633BERMÚDEZ MAHIA, Mª CARMENEXCLUÍDO: 2
ATS33306564CASTRO PRADO, Mª PILAREXCLUÍDO: 3
ATS33238242JURJO SIEIRA, Mª JOSEFA ESTHEREXCLUÍDO: 2
ATS24405926VÁZQUEZ GIBELLO, MARÍA MAGDALENAEXCLUÍDO: 2
ATS50279969VERDASCO BRAVO, PALOMAEXCLUÍDO: 2
AUXILIAR ADMINISTRATIVO76989197FIGUEIRIDO ACEVEDO, MARÍA BELÉNEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ADMINISTRATIVO34950631FRANCISCO GARCÍA, IGNACIOEXCLUÍDO: 1
AUXILIAR ADMINISTRATIVO34977241GONZÁLEZ REY, CARLOSEXCLUÍDO: 1
AUXILIAR ADMINISTRATIVO32776038NÚÑEZ CORCHETE, MARÍA SOLEDADEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ADMINISTRATIVO52496430OLIVARES NÚÑEZ, JOSÉ JUANEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ENFERMERÍA5905444CHEDA PUGA, Mª TERESAEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ENFERMERÍA35977078DEL RÍO LUSTRES, Mª JESÚSEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ENFERMERÍA33849590FERNÁNDEZ LÓPEZ, MARINA FÁTIMAEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ENFERMERÍA32355203MARTÍNEZ RIVERO, MARÍA JOSEFAEXCLUÍDO: 3
AUXILIAR ENFERMERÍA32426904RENDAL ACCIÓN, REMEDIOSEXCLUÍDO: 2
AUXILIAR ENFERMERÍA35322019VALIÑAS CARBIA, Mª DEL PILAREXCLUÍDO: 2
AUXILIAR ENFERMERÍA33820028VIEITO CASTRO, Mª ÁNGELESEXCLUÍDO: 2
CELADOR76859069ASTORGA HERMIDA, CARLOSEXCLUÍDO: 2
CELADOR33816677DALMEIDA CAAMAÑO, ÁNGELEXCLUÍDO: 3
CELADOR32661032MAROÑO MENO, MARÍA SONIAEXCLUÍDO: 3
CELADOR34918681PIÑEIRO IGLESIAS, MANUELEXCLUÍDO: 3
CELADOR34575931VÁZQUEZ IGLESIAS, VÍCTOR MANUELEXCLUÍDO: 3
GRUPO XESTIÓN36083202FONTÁN GARCÍA, SOFÍAEXCLUÍDO: 3
LAVANDEIRO32381782VARELA VIDAL, MARÍA ANTONIAEXCLUÍDO: 2
MECÁNICO33840437ROUCO LLANDERROZAS, XERMÁNEXCLUÍDO: 3
TEL13121444URETA REY, Mª LUISAEXCLUÍDO: 2
TER35444955ABALO ABALO, SEVERINOEXCLUÍDO: 3

EXCLUÍDO 1: FÓRA DE PRAZO

EXCLUÍDO 2: NON REUNI-LOS REQUISITOS ESIXIDOS POLA BASE 2ª DA CONVOCATORIA

EXCLUÍDO 3: NON PRESENTA-LA DOCUMENTACIÓN ESIXIDA NA BASE 5ª DA CONVOCATORIA

10795