Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.367

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 3 de decembro de 1998 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola Orde do 28 de outubro de 1998.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, pola Orde do 28 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 217, do 9 de novembro), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei. Esta consellería,

DISPÓN:

1. Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación de varios postos de traballo vacantes no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciada pola orde de 28 de outubro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 217, do 9 de novembro).

2. Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se relacionan no anexo I da presente orde.

3. O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que se é o caso, lle foran concedidas ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

4. O xefe do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

5. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, do 27 de decembro de 1956, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo da comunicación a esta consellería da vontade de interpoñelo, segundo o previsto no Art. 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

NRP/DNI: 3278051702 A2060.

Grupo: AB.

Apelidos e nome: Díaz Piñeiro, María Begoña.

Código: OT-B01.00.000.15770.032.

Denominación do posto de traballo: xefe da Unidade Técnico-Xurídica.

Centro directivo: Augas de Galicia. Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. Xeral.

Nivel: 28.

Específico: 1.673.520.

NRP/DNI: 3276034635 A2060.

Grupo: AB.

Apelidos e nome: Someso Anguita, José Ángel.

Código: OT.B01.00.002.15770.021.

Denominación do posto de traballo: xefe da Unidade de Xestión de Ingresos.

Centro directivo: Augas de Galicia. Dpto. de Réxime Económico Financeiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. Xeral/Especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.673.520.

11279