Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.359

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 9 de decembro de 1998 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para a realización de contratacións laborais de carácter temporal correspondentes ós servicios de defensa contra incendios forestais durante 1999.

A Consellería de Medio Ambiente ten encomendada a execución das medidas e accións contra os incendios forestais que corresponden á Xunta de Galicia, conforme as indicacións do Plan INFOGA, para o que é preciso efectuar contratos de traballo de duración determinada para obra ou servicio ó abeiro do establecido no artigo 15 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, tal como ten establecido a xurisprudencia con base na autonomía e substantividade que, en relación á actividade normal da Administración, ten cada unha das campañas que organiza, a súa duración incerta, así como a peculiaridade propia de cada unha delas, dependendo do seu condicionante orzamentario, de factores climáticos e do específico e concreto obxectivo a que atende (sentencias do Tribunal Supremo do 10 de xuño e 3 de novembro de 1994, e do 10 de abril de 1995, entre outras, en recursos de casación para a unificación de doutrina).

O acordo sobre aplicación do convenio colectivo único da Xunta de Galicia ós traballadores contratados eventualmente para obra ou servicio determinado do Plan INFOGA, establece no apartado II.2 que «o sistema de selección terá carácter anual e

baremo propio no que se prime a experiencia e o coñecemento do terreo, para garanti-la eficiencia e rapidez da mobilización do persoal comprendido entre os 18 e 65 anos, sempre que acrediten, na forma que se estableza, a capacidade física precisa para o desempeño do traballo, sen prexuízo dos cambios que poidan producirse en función dos específicos e concretos obxectivos anuais», e que «este sistema de acceso ós contratos para obra ou servicio determinado realizarase con respecto ós principios de mérito e capacidade, e só se terá en conta para acceder ó Servicio de Defensa contra Incendios Forestais», así como que «na orde anual na que se concrete o devandito sistema de selección regularanse as condicións e requisitos da mobilidade funcional, que responderá a necesidades excepcionais e perentorias e durará o tempo mínimo imprescindible».

Por todo o exposto, consonte o disposto nos artigos 27, números 10, 11 e 30, do Estatuto de autonomía de Galicia, e 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro, o acordo sobre aplicación do convenio colectivo único da Xunta de Galicia ós traballadores contratados eventualmente para obra ou servicio determinado do Plan INFOGA, e na restante normativa de aplicación, e oído o Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Para a provisión de efectivos eventuais nos servicios de defensa contra incendios forestais durante o ano 1999, a Consellería de Medio Ambiente confeccionará as pertinentes relacións de persoal capacitado para realiza-las diferentes tarefas, ordenándoas de xeito prelativo. Elaboraranse tantas relacións como comarcas, zonas, concellos ou, se é o caso, provincias, segundo as necesidades que haxa de actuación de defensa contra incendios forestais, e dentro delas agruparanse por categorías profesionais. Unha vez establecido en cada delegación provincial o ámbito territorial para a elaboración das relacións, estas serán únicas para cada categoría profesional.

Para a execución dos traballos propios do servicio de defensa contra incendios forestais corresponderalle á Consellería de Medio Ambiente o transporte do persoal especificamente contratado para presta-los seus servicios en centros de traballo móbiles, que poderá efectuarse tanto por medios aéreos, terrestres ou marítimos.

Por necesidades do servicio o persoal contratado poderá eventualmente desenvolve-los seus labores en ámbitos territoriais distintos a aqueles ós que estivese adscrito.

Artigo 2º

1. Os solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos de carácter xeral:

-Ser maior de idade.

-Non padecer lesións nin enfermidades que a xuízo de facultativo, impidan ou limiten o desenvolvemen

to dos traballos de defensa contra incendios na categoría concreta á que se opta.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administracion pública en virtude de expediente disciplinario.

-Non ter sido sancionado coa suspensión do dereito a concorrer a probas selectivas de conformidade co disposto no artigo 49.4º b) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

2. Os requisitos particulares para acceder ás distintas categorías, que a continuación se detallan, serán os seguintes:

a) Técnico forestal de defensa contra incendios forestais. Grupo II: enxeñeiro técnico forestal (para estes efectos, considerarase habilitante a titulación de enxeñeiro de montes) e carné de conducir B cunha antigüidade mínima de dous anos.

b) Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais. Grupo III: capataz forestal ou ter participado, desde o ano 1991, en tres campañas de máximo risco completas (do 1 de xullo ó 30 de setembro) nesta ou análoga categoría profesional na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia, e carné de conducir B cunha antigüidade mínima de dous anos.

c) Operador/codificador de datos de defensa contra incendios forestais. Grupo IV: graduado escolar ou FP1 (rama administrativa).

d) Conductor de autobomba de defensa contra incendios forestais. Grupo IV: graduado escolar ou ter participado, desde o ano 1991, en tres campañas de máximo risco completas (do 1 de xullo ó 30 setembro) nesta ou análoga categoría profesional na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia, e carné de conducir C cunha antigüidade mínima de dous anos.

e) Emisorista de defensa contra incendios forestais. Grupo V: certificado de escolaridade.

f) Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais. Grupo V: certificado de escolaridade.

g) Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais. Grupo V: certificado de escolaridade e carné de conducir B cunha antigüidade mínima de dous anos.

h) Peón conductor de defensa contra incendios forestais. Grupo V: certificado de escolaridade e carné de conducir B cunha antigüidade mínima de dous anos.

i) Peón non conductor de defensa contra incendios forestais. Grupo V: certificado de escolaridade.

Artigo 3º

A partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ábrese un prazo de quince días hábiles para que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes con vistas a realiza-las contratacións laborais de carácter temporal dependentes desta consellería que se establezan con motivo da campaña de loita contra os incendios forestais durante 1999.

Artigo 4º

1. Os candidatos deberán dirixi-la súa solicitude, segundo o modelo establecido no anexo I, á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente que corresponda, e poderá presentarse en calquera dos rexistros ou oficinas enumeradas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2. Cada persoa só poderá presentar unha única solicitude referida a unha soa comarca, zona, concello ou provincia, segundo corresponda de conformidade cos ámbitos territoriais establecidos en cada caso no marco da zonificación sinalada no anexo IV, e a unha soa categoría profesional; o incumplimento do anterior será causa de exclusión de tódalas solicitudes formuladas.

3. A relación das distintas categorías profesionais de cada comarca, zona, concello ou provincia de que se trate publicarase nos taboleiros de anuncios das delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e das oficinas provinciais e comarcais do servicio de defensa contra incendios forestais. O número máximo de prazas a cubrir en cada categoría será o fixado no Plan INFOGA 1999.

4. Xunto coa solicitude normalizada que figura no anexo I, os aspirantes deberán achega-la seguinte documentación:

4.1. Se o solicitante opta á mesma categoría que o ano anterior deberá presentar en todo caso a seguinte documentación:

a) Solicitude co compromiso de pasa-lo control antidopaxe.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Fotocopias da documentación acreditativa dos méritos alegados por circunstancias persoais do apartado 1 do baremo inserido no anexo II, correspondentes ás letras A) (Residencia habitual), B) (Cotizacións réxime especial agrario da Seguridade Social), C) (Desemprego) e D) (Situación familiar).

d) Certificado médico.

e) Xustificante de ter aboadas as taxas correspondentes.

No caso de que desexe que se teñan tamén en conta méritos académicos e/ou por experiencia profesional dos apartados 2 e 3 do baremo inserido no anexo II, dos que a documentación acreditativa non se atope en poder da delegación provincial e, por conseguinte, non se tiveran en conta o ano anterior, deberá presenta-la devandita documentación.

Todo isto na forma e cos efectos indicados no páragrafo e apartado seguinte.

4.2. Se o aspirante se presenta por primeira vez ou opta por outra categoría diferente á do ano anterior deberá presentar toda a documentación que se sinala a continuación:

a) Solicitude co compromiso de pasa-lo control antidopaxe.

b) Fotocopia do documento nacional de identidade.

c) Fotocopias dos requisitos de titulación e do permiso de conducción da categoría C ou B esixidos en cada caso.

d) Fotocopia da documentación acreditativa dos méritos alegados e que se sinalan no baremo inserido no anexo II. Aqueles méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

e) Certificado médico en impreso oficial, onde se acredite que o aspirante reúne os requisitos de saúde establecidos con carácter xeral no artigo 2.1.

f) Xustificante de ter aboadas as taxas por inscrición nas convocatorias para selección de persoal da Xunta de Galicia, expedido pola entidade bancaria correspondente, na contía sinalada na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

De se-lo caso, tamén deberán aboarse os gastos de transferencia que correspondan, utilizándose para todo o exposto o impreso de autoliquidación de taxas sinalado no anexo V.

O citado impreso seralles facilitado ós interesados nos rexistros das respectivas delegacións provinciais da consellería, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V.

O importe aboado como taxa, en concepto de dereitos de inscrición, devolveráselles, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes que resulten excluídos por non reuni-los requisitos da convocatoria e que o soliciten no prazo dun mes a partir da exposición das correspondentes relacións.

5. Os aspirantes deberán achegar cotexados tódolos documentos dos que facilitaran fotocopia.

Artigo 5º

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a delegación provincial correspondente publicará, nos lugares sinalados no apartado 3 do artigo anterior, as relacións provisionais de admitidos e excluídos segundo os ámbitos territoriais e funcionais establecidos, con indicación das causas de exclusión.

2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da lista, para poderen emendar, se é o caso, o defecto que motivase a súa exclusión.

A estimación ou desestimación das devanditas peticións entenderase implícita na publicación das relacións definitivas.

Artigo 6º

O sistema de selección consistirá na realización polos aspirantes que figuren nas relacións definitivas de admitidos da proba eliminatoria de aptitude física ou de agudeza visual que, para as categorías que se indican, se sinalan no anexo III e na baremación dos méritos alegados, así como, no caso de que a Administración así o considere, na realización das probas eliminatorias prácticas que, para as categorías que se indican, se sinalan tamén no anexo III.

Artigo 7º

En cada delegación provincial costituirase unha comisión de avaliación composta por cinco membros, dos que dous serán designados polo comité de empresa e os outros tres pola secretaría xeral da consellería. Cada comisión poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A devandita comisión deberá constituírse no prazo máximo de sete días, contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

A confección das distintas relacións segundo os ámbitos territoriais e categorías profesionais establecidos farase ordenando os aspirantes considerados aptos de acordo coa puntuación acadada de maior a menor pola aplicación do baremo recollido no anexo II da presente orde, con base na baremación feita o ano anterior, actualizada de oficio pola Administración no que se refire á experiencia profesional acadada, no devandito ano, na mesma ou análoga categoría á que se opta, na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia, e, de se-lo caso, á documentación presentada este ano, así como coa puntuación obtida nas probas práctica, se é o caso. No caso de empate, este dirimirase pola maior puntuación obtida como consecuencia da experiencia profesional e, de persistir este, será dirimido pola puntuación obtida no apartado de circunstancias persoais.

Artigo 8º

As relacións cos aspirantes ordenados na forma indicada no artigo anterior, segundo os ámbitos territoriais e categorías profesionais establecidos, publicaranse nos taboleiros de anuncios a que se refire o apartado 3 do artigo 4º.

Artigo 9º

1. Conforme vaia sendo necesaria a contratación do persoal previsto no Plan INFOGA e se as dotacións orzamentarias o permiten, a Consellería de Medio Ambiente contratará, pola súa orde estricta, o persoal que figure na respectiva relación.

2. Para o chamamento poderase utilizar calquera medio e no suposto de que o empregado non fora suficiente, practicaranse por calquera outro que permita ter constancia da súa recepción polo interesado no prazo máis breve posible. A contestación ó devandito chamamento deberá producirse no prazo máximo de vintecatro horas desde a súa recepción. Transcorrido este sen producirse contestación, consideraranse decaídos no seu dereito e serán eliminados da correspondente relación.

3. No suposto de situacións de extrema urxencia e necesidade que demanden unha citación inmediata, bastará a declaración xurada de dous fun

cionarios da consellería no sentido de que tal chamamento foi efectuado.

4. No suposto de esgotarse o persoal que figure na relación dun ámbito territorial, poderá ser chamado persoal da mesma categoría ou de categoría superior de relacións doutros ámbitos territoriais. Se a persoa non acepta o devantido chamamento non será excluída da correspondente relación de orixe.

5. En último caso, seguirase o procedemento previsto no artigo 7.6º b) do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, coa excepción de que os requisitos e a documentación esixida, así como o órgano de selección, baremo e probas de aptitude físicas ou de agudeza visual e prácticas, segundo corresponda, serán as establecidas na presente orde, salvo que razóns de urxencia non permitan a realización das probas prácticas.

Artigo 10º

Sen prexuízo de que se poidan rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes, a convocatoria, as súas bases e cantos actos se deriven dela e da actuación dos órganos de selección, poderán ser impugnados polos interesados no prazo e na forma establecida na lexislación que sexa de aplicación.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para os efectos de unifica-los criterios referentes á confección das correspondentes relacións en toda a Comunidade Autónoma, crearase unha comisión central, composta por dous representantes do comité intercentros e tres representantes da Consellería de Medio Ambiente designados pola secretaría xeral, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan ser presentados e solicitados polas comisións provinciais de avaliación.

Segunda.-As contratacións que poidan derivarse desta orde faranse, se existe habilitación legal e dispoñibilidades orzamentarias para iso, en función do ritmo que impoñan as necesidades do servicio de defensa contra incendios forestais.

Disposición transitoria

En tanto non sexan elaboradas as relacións de persoal declarado apto, a contratación do persoal imprescindible efectuarase utilizando as relacións confeccionadas en 1998.

Disposición derradeira

A presente orde terá efectos desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE PARA CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS DOS SERVICIOS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

1. Categoría profesional á que se opta (unha única categoría).

2. Concello, zona, comarca ou provincia, segundo corresponda, no que se desexa traballar (un único concello, zona, comarca ou provincia).

3. Datos e circunstancias persoais:

-Apelidos e nome:-Enderezo:-Concello de residencia:-Teléfono de contacto:-Lugar e data de nacemento:-Fillos:-DNI:-Nº de aficiación á Seguridade Social:-Desemprego (antigüidade):-Nº de persoas sen ingresos ó seu cargo:-Nº de persoas diminuídas ó seu cargo:

4. Datos académicos:

Título oficial ou habilitante na especialidade do posto de traballo ó que se opta:

Cursos:

Denominación:-Duración do curso: (horas)

5. Experiencia profesional:

Postos de traballo:-Administración:

Categoría:-Data de inicio e remate da relación profesional:

6. Documentación que hai que presentar:

6.1. Se o solicitante opta á mesma categoría que o ano anterior, deberá presentar en todo caso a documentación sinalada nas letras a), b), c), d) e e) do apartado 4.1. do artigo 4 da orde á que se refire a presente solicitude e, se é o caso, a documentación sobre méritos académicos e experiencia profesional que non se atope en poder da delegación provincial e se desexa que se teña tamén en conta, e marcar cun X neste recadroo

6.2. Se o aspirante se presente por primeira vez ou opta por outra categoría diferente á do ano anterior deberá presentar toda a documentación sinalada no apartado 4.2 do artigo 4 da orde á que se refire a presente solicitude, e marcar cun X neste recadro o

A persoa que asina abaixo SOLICITA ser admitida no sistema de selección ó que se refire a presente solicitude, DECLARA que son certos tódolos datos consignados nela e que reúne tódolos requisitos esixidos para participar no devandito sistema e COMPROMÉTESE a pasa-lo control antidopaxe.

En ............................., ....... de ......................... de 199.....

Asdo.: ..............................................

Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente en ...................

ANEXO II

BAREMO DE MÉRITOS PARA AS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS

DOS SERVICIOS DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

1. Circunstancias persoais:

a) Residencia habitual cunha antigüidade de alomenos seis meses no concello, zona, comarca ou provincia á que se opta (xustificada mediante certificación do padrón municipal): 2 puntos.

b) Por cada mes de cotización no Réxime Especial Agrario da Seguridade Social como traballador por conta propia ou allea: 0,05 puntos ata un máximo de 3,50 puntos.

c) Desemprego:

Por cada mes: 0,01 puntos ata un máximo de 0,4 puntos.

d) Situación familiar:

Por cada persoa sen ingresos ó seu cargo (menor de 18 anos): 0,25 puntos.

Por cada persoa diminuída ó seu cargo e sen ingresos superiores o S.M.I.: 0,50 puntos.

A puntuación máxima deste apartado será de 1,50 puntos.

2. Méritos académicos:

a) Titulación oficial de capataz forestal na categoría de xefe de cuadrilla: 15 puntos.

b) Cursos de defensa contra incendios forestais impartidos pola Dirección Xeral de Montes e MAN:

-De ata 10 horas: 0,20 puntos.-De 10 a 20 horas: 0,40 puntos.-De máis de 20 horas: 0,80 puntos.

A puntuación máxima por estes cursos será de 4 puntos.

c) Cursos relacionados coa categoría á que se opta e impartidos ou homologados por outros organismos oficiais:

-De ata 10 horas: 0,05 puntos.-De 10 a 20 horas: 0,10 puntos.-De máis de 20 horas: 0,20 puntos.

A puntación máxima por estes cursos será de 1 punto.

Se non se acredita a duración dos cursos das alíneas b) e c), entenderanse de ata 10 horas.

d) Cursos de galego recoñecidos pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria:

De iniciación: 0,25 puntos.

De perfeccionamento: 0,50 puntos.

(Non se valora o de iniciación se concorre co de perfeccionamento).

3. Experiencia profesional:

a) Exercicio profesional desde o ano 1991 na mesma ou análoga categoría á que se opta, na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia: 0,75 puntos por mes ou fracción.

b) Exercicio profesional desde o ano 1991 en categoría distinta á que se opta, na defensa contra incendios forestais na Xunta de Galicia: 0,15 puntos por mes ou fracción.

c) Exercicio profesional desde o ano 1991 na mesma ou análoga categoría á que se opta, na defensa contra incendios forestais noutras administracións públicas: 0,10 puntos por mes ou fracción.

d) Exercicio profesional desde o ano 1991 na mesma ou análoga categoría a que se opta, na defensa contra incendios forestais nas entidades, asociacións, agrupacións ou empresas subvencionadas pola Xunta de Galicia para a contratación de persoal para cuadrillas de extinción de incendios: 0,05 puntos por mes ou fracción.

ANEXO III

PROBAS ELIMINATORIAS DE APTITUDE FÍSICA

OU DE AGUDEZA VISUAL E PRÁCTICAS

1. Probas eliminatorias de aptitude física ou de agudeza visual:

1.-Os aspirantes das categorías de técnico forestal, xefe de cuadrilla, conductor de autobomba, vixilante móbil, peón conductor e peón non conductor deberán supera-la proba de aptitude física seguinte:

-Proba do banco, que consistirá en subir e baixar dun banco de 40 cm de altura para homes e 33 cm para mulleres a razón de 90 movementos por minuto 22,5 veces/minuto) durante un período de 5 minutos, sendo necesario para ser considerado apto obter como mínimo os parámetros de capacidade aeróbica, pola aplicación dos resultados de idade, peso e pulsacións segundo as táboas propias desta proba que figurarán nas convocatorias para a súa realización, seguinte:

Xefe de cuadrilla, vixilante móbil, peón conductor e peón non conductor: 38 puntos.

Técnico forestal e conductor de autobomba: 35 puntos.

2.-Os aspirantes da categoría de vixilante fixo deberán superar unha proba de agudeza visual.

2. Coñecementos prácticos:

Só para as categorías de operador/codificador, conductor de autobomba, emisorista, vixilantes fixo e móbil, xefe de cuadrilla e técnico.

Proba práctica eliminatoria sobre as funcións e maquinaria que hai que empregar en cada caso: de 0 a 10 puntos, sendo 4 puntos a puntuación mínima esixida.

-Operador/codificador de datos: coñecemento práctico dos sistemas operativos Windows NT 4.0 e Wordstation e, ademais, experiencia en base de datos relacionais SQL Server.

-Conductor de autobomba: coñecemento práctico no manexo, conservación e mantemento de autobombas dos servicios de defensa contra incendios forestais e vehículos todoterreo, comportamento do lume e seguridade persoal.

-Emisorista: coñecemento práctico de transmisión e recepción das comunicacións vía radio-telefónica utilizadas nos servicios de defensa contra incendios forestais.

-Vixilantes fixo e móbil: coñecemento práctico do terreo e a súa representación cartográfica, así como dos procedementos de aviso e detección utilizados nos servicios de defensa contra incendios forestais.

-Xefe de cuadrilla: comunicacións, organización operativa, mantenemento e conservación de material e maquinaria, comportamento do lume e seguridade persoal.

-Técnico: estructura do S.D.C.I.F., comunicacións, organización operativa, comportamento do lume e seguridade persoal.

ANEXO IV

Zonificación da provincia da Coruña.

ComarcaZonaConcellos

ArzúaMelide* Arzúa, Melide, O Pino, Santiso, Touro
Sobrado* Boimorto, Curtis, Sobrado, Toques, Vilasantar

BetanzosAranga* Aranga, Coirós, Betanzos, Oza dos Ríos, Cesuras
Pontedeume* Pontedeume, Miño, Vilarmaior, Monfero, Irixoa, Paderne
As Pontes* As Pontes de García Rodríguez, A Capela, Cabanas

CarballoCambre* Cambre, Oleiros, Sada, Bergondo, Abegondo, Carral
Laracha* A Coruña, Culleredo, Laracha, Arteixo
Coristanco* Coristanco, Carballo, Malpica, Ponteceso
NoiaNegreira* Val do Dubra, A Baña, Ames, Brión, Negreira, Outes
A Pobra* Boiro, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira
Padrón* Dodro, Lousame, Noia, Padrón, Rois

OrdesSantiago de Compostela* Boqueixón, Oroso, Santiago de Compostela, Teo, Vedra
Tordoia* Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Tordoia, Trazo

OrtigueiraCedeira* Cariño, Cedeira, Mañón, Ortigueira
Moeche* Moeche, Cerdido, Valdoviño, As Somozas, San Sadurniño
Ferrol* Narón, Neda, Fene, Ferrol, Mugardos, Ares

VimianzoDumbría* Camariñas, Dumbría, Muxía, Vimianzo
Mazaricos* Carnota, Cée, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muros
Santa Comba* Cabana de Bergantiños, Laxe, Santa Comba, Zas

Zonificación da provincia de Lugo.

ComarcaZonaConcellos

BecerreáBecerreá* Baralla, Becerreá, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro
Cervantes* Cervantes, Navia de Suarna

ChantadaChantada* Carballedo, Chantada, O Saviñao
Monterroso* Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, Taboada

A FonsagradaA Fonsagrada* A Fonsagrada, Negueira de Muñiz
Baleira* Baleira

LugoO Corgo* Castroverde, O Corgo, Lugo
Palas de Rei* Friol, Guntín, Palas de Rei

MeiraCospeito* Abadín, Cospeito, A Pastoriza
Meira* Castro de Rei, Meira, Pol, Ribeira de Piquín

MondoñedoA Pontenova* Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto
Ribadeo* Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada

MonforteQuiroga* Quiroga e Ribas de Sil
A Pobra

do Brollón

* A Pobra do Brollón e Folgoso do Courel
Monforte* Monforte de Lemos, Bóveda, Pantón e Sober

SarriaSamos* O Incio, Samos, Triacastela
Sarria* Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria

VilalbaBegonte* Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, San Vicente de Rábade
Vilalba* Vilalba, Xermade

CervoCervo* Alfoz, Cervo, Foz, O Valadouro
Viveiro* Muras, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove

Zonificación da provincia de Ourense.

ComarcaZonaConcellos

BandeEntrimo* Entrimo, Lobeira, Lobios
Muíños* Bande, Muíños
Celanova* Celanova, A Bola, Verea

O BarcoA Rúa* Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, O Bolo
A Veiga* A Veiga
O Barco* O Barco de Valdeorras, Rubiá, Carballeda

O CarballiñoAvión* Avión, Beariz, Boborás, O Irixo
Ribadavia* Beade, Carballeda de Avia, Cenlle, Leiro, Melón, Punxín, Ribadavia, San Amaro
Vilamarín* Amoeiro, O Carballiño, Coles, Maside, A Peroxa, Piñor, San Cristovo de Cea, Vilamarín

Castro

Caldelas

Manzaneda* Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives, Río
Montederramo* Castro Caldelas, Montederramo, Parada do Sil, A Teixeira

MacedaAllariz* Allariz, Baños de Molgas, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía
Vilar de Barrio* Maceda, Vilar de Barrio, Xunqueira de Espadanedo

OurenseCortegada* Arnoia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cortegada, Gomesende, A Merca, Padrenda, A Pontenova, A Quintela de Leirado, Ramirás, Toén
Nogueira

de Ramuín

* Barbadás, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Taboadela

VerínLaza* Laza, Cualedro
Vilardevós* Verín, Vilardevós, Riós
Castrelo do Val* Castrelo do Val, Monterrei, Oímbra

Viana do

Bolo

A Gudiña* A Gudiña, A Mezquita
Vilariño

de Conso

* Viana do Bolo, Vilariño de Conso

Xinzo

de Limia

Baltar* Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira
Sarreaus* Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmirás, Vilar de Santos, Xinzo de Limia

Zonificación da provincia de Pontevedra.

ComarcaZonaConcellos

LalínA Estrada* Cerdedo, A Estrada, Forcarei
Rodeiro* Dozón, Lalín, Rodeiro
Silleda* Agolada, Silleda, Vila de Cruces

PonteareasA Cañiza* Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente
Mondariz* Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas
Salvaterra

de Miño

* As Neves, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño

RedondelaCotobade* Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas
Mos* Mos, Redondela, Vigo e Nigrán
Pazos de

Borbén

* Pazos de Borbén, Fornelos de Montes e Soutomaior

TomiñoGondomar* Baiona e Gondomar
O Rosal* A Guarda, O Rosal e Oia
Tomiño* Tomiño e Tui

Vilagarcía

de Arousa

Cangas* Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Pontevedra, Vilaboa
Meaño* Cambados, Catoira, O Grove, Meaño, Meis, Poio, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa
Moraña* Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga

11293