Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 15 de decembro de 1998 Páx. 13.389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (397/1997).

Eu, Belén Rey Baamonde, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 397/1997, seguido ante este xulgado por ameazas, no que foi denunciante Carmen Leis Espasandín, e denunciado, Manuel Mato Mato, nos que recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia número.-En Carballo, tres de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos pola xuíza Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas nº 397/1997, sobre ameazas, no que son parte, como denunciante, Carmen Leis Espasandín e, como denunciado, Manuel Mato Mato, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El-rei, dictou a seguinte decisión:

Que debo absolver e absolvo a Manuel Mato Mato dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración de oficio das custas causadas. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra el poderán interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, mediante escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á denunciante Carmen Leis Espasandín, en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Carballo o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

10791