Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

AVISO do 30 de outubro de 1998, da Xefatura de Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncia a aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Vitre-Céltigos (Frades-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Vitre-Céltigos (Frades-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 249/1989, do 2 de novembro (DOG nº 226, do 24 de novembro).

Primeiro.-Con data do 29 de outubro de 1998, o director xeral de Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de Vitre-Céltigos (Frades-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Frades e na zona, durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello.

Terceiro.-No prazo de trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, podendo os recorrentes presenta-lo recurso na Xefatura de Servicio de Desenvolvemento Rural (Edificio Administrativo, Praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por si mesmos ou por representación, facéndose constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada

se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Ley de concentración parcelaria para Galicia do 14 de agosto de 1985).

A Coruña, 30 de outubro de 1998.

Rodolfo M. Rodríguez González

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural da Coruña

Visto e Prace

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delelgado provincial da Coruña

10653