Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 14 de decembro de 1998 Páx. 13.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, das obras de reforma do Centro de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo). EX-019.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/95, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte consultoría e asistencia:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

2.Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: reforma do Centro de Capacitación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo) EX-019.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 177, do 11 de setembro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaseis millóns cincocentas corenta mil vinteseis pesetas (16.540.026 pesetas), IVE, incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de outubro de 1998.

b) Contratista: Alicatados e Revestimentos Gómez Crespo, S. L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: quince millóns cincocentas corenta e sete mil seiscentas vintecatro pesetas (15.547.624 pesetas), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17 de decembro)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

10808