Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.852

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 23 de novembro de 1998 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 1999.

De acordo co disposto no artigo 3 apartado 2º do Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 98/1998, do 20 de marzo, a Consellería de Industria e Comercio fixará anualmente oito domingos ou festivos que, cun horario máximo de doce horas diarias, se considerarán hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

En aplicación do citado artigo 3, apartado 2º, do Decreto 365/1996 e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, se procede á fixación dos domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 1999.

Na súa virtude

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público durante o ano 1999 son:

-3 de xaneiro.

-10 de xaneiro.

-1 de abril.

-2 de maio.

-4 de xullo.

-5 de decembro.

-12 de decembro.

-19 de decembro.

Artigo 2º

O disposto no artigo anterior enténdese sen prexuízo das normas xerais que, en materia de horarios

comerciais, establece o Decreto 365/1996, do 26 de setembro.

Disposición final

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10874