Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.851

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001336/1998, interposto por Xoán Babarro González e outros.

Recibido escrito do presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0001336/1998, interposto por Xoán Babarro González e outros contra Decreto 197/1998 do 25 de xuño, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre creación do instituto de educación secundaria nº 1 da Coruña.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento

a tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1998.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

10873