Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 23 de novembro de 1998 pola que se eliminan os valores nominais unitarios da débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia anotada e as tenzas individuais da débeda pública da Comunidade Autónoma de Galicia anotada constituídas por valores do mesmo código valor se converten en tensas de saldos nominais.

O artigo 37, puntos 3 e 4 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia dispón que o conselleiro de Economía e Facenda está facultado para modifica-las condicións da débeda pública da comunidade cando as circunstancias o aconsellen, sempre que non se prexudique ós acredores.

A modernización do funcionamento dos mercados financeiros e a continua adaptación ás necesidades dos investidores é un requisito ineludible que ten que cumprir cada emisor no marco duns mercados financeiros cada vez máis abertos e liberalizados e en continua evolución. En tal sentido, a modernización do mercado español de débeda iniciouse en 1987 coa desmaterialización dos títulos representativos da débeda, a súa conversión en anotacións en conta e a organización do mercado de débeda pública arredor da Central de Anotacións do Banco de España, entidade onde está inscrita a totalidade da débeda pública en circulación emitida en pesetas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen embargo, algúns dos mercados de débeda máis desenvolvidos da Unión Europea deron un paso máis na mellora das técnicas de administración dos valores representativos da débeda pública: a eliminación do concepto de valor nominal unitario dos valores e a conseguinte consideración da tenza dun determinado tipo de débeda por parte dun investidor como o resultado de multiplica-lo número de valores de idénticas características polo valor nominal unitario que corresponde ós ditos valores. As tenzas pasan a conceptuarse como simples saldos nominais dun determinado tipo de débeda, identificado polo seu correspondente código valor.

De feito, o funcionamento operativo actual da Central de Anotacións baséase na consideración dos saldos individuais nominais por cada código valor, sendo necesario establecer procedementos adicionais que identifiquen para efectos formais os valores individuais integrantes de cada saldo individual.

A plena adecuación ó esquema operativo das entidades xestoras do mercado de débeda pública en anotacións esixe, non obstante, conserva-la información relativa ós rexistros por operación que, se

é o caso, deran lugar ó saldo nominal en cuestión. Así, aínda que a tenza dun investidor veña representada polo saldo nominal, este último será o resultado da agregación dos importes nominais das sucesivas operacións que, se é o caso, aquel realizase sobre o código valor correspondente. Desta maneira, consérvase a información necesaria para o adecuado cumprimento das obrigas fiscais dos investidores.

Á vista da positiva experiencia doutros mercados de débeda, tendo en conta o actual funcionamento operativo da Central de Anotacións, e co fin de mellora-la administración da débeda da Comunidade Autónoma reducindo os custos asociados a ela, resulta conveniente proceder a introduci-la modificación citada na consideración e tratamento das tenzas da débeda da Comunidade Autónoma, que non prexudica de ningún modo os dereitos económicos dos tedores.

En virtude do anterior, e ó abeiro das facultades conferidas polo artigo 37, puntos 3 e 4 da Lei 11/1992 de 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

DISPOÑO:

Primeiro.-Elimina-lo valor nominal unitario de tódolos valores representativos da débeda pública da Comunidade Autónoma en pesetas en calquera das súas modalidades, bonos ou obrigacións dá Comunidade Autónoma. Polo tanto, as tenzas individuais de cada código valor de débeda pública da Comunidade Autónoma anotada de cada unha das ditas modalidades quedarán representadas por saldos nominais individuais.

Segundo.-A resultas do anterior, o proceso de transformación das tenzas individuais da débeda da Comunidade Autónoma anotada, integradas por valores do mesmo código valor, en saldos nominais individuais de débeda anotada estará determinado pola identidade entre o producto do número de valores de cada código valor en poder de cada tedor polo seu valor nominal unitario e o valor nominal do saldo dese código valor a favor do dito tedor resultante da transformación.

Tercero.-As tenzas individuais de débeda da Comunidade Autónoma anotada resultantes da transformación antes citada poderán transmitirse na súa totalidade sen ningunha limitación. As transmisións parciais, sen embargo, deberán realizarse por importes nominais iguais ós valores nominais de cada bono ou obriga definidos nas correspondentes condicións de emisión.

Cuarto.-As operacións de compravenda de débeda en circulación da Comunidade Autónoma no mercado secundario deberán efectuarse por importes nominais iguais ou múltiplos enteiros de dez mil pesetas.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas as referencias ó valor nominal dos títulos de todas e cada unha das ordes da Con

sellería de Economía e Facenda polas que se establecen as condicións particulares de cada emisión de débeda.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

10668