Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 01 de decembro de 1998 Páx. 12.847

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de setembro de 1998 pola que se establece o número de unidades e os postos de traballo docentes que corresponde prover por funcionarios do corpo de mestres nas escolas de educación infantil, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria, colexios de educación especial, centros públicos integrados e institutos de educación secundaria.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG nº 177, do venres 11 de setembro de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 10.176, concello de Cangas, onde di «colexio de educación infantil e primaria de San Roque do Monte», debe dicir: «colexio de educación infantil e primaria San Roque de Darbo».

-Na páxina 10.177, concello de Gondomar, non debe figurar a escola de educación infantil de Pintor-Chaín, xa que forma parte do colexio rural agrupado de Gondomar.

-Na páxina 10.181, concello de Pontevedra, deberá engadirse a escola de educación infantil Xardín Calvo Sotelo-O Toxo, código 36015767, 2 postos de traballo de educación infantil correspondentes a 2 unidades.

-Na páxina 10.187, concello de Santiago de Compostela, deberá engadirse o colexio de educación especial de Xordos, código 15015706, postos 6 Al e 0 Pt, unidades 6.

-Na páxina 10.199, colexio rural agrupado de Santa Comba, deberá engadirse 1 posto de traballo de educación física. Total de postos debe dicir: «10».

-Na páxina 10.200, colexio rural agrupado de Teo, non debe figurar Tras do Eixo, suprimida no seu día, e polo tanto, no total de postos debe dicir: «total postos 19».

-Na páxina 10.200, colexio rural agrupado de Gondomar, onde di: «Hervillas», debe dicir: «Ervillas» e onde di: «Prado-Magadóns», debe dicir: «Prado-Morgadáns».

10499