Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación dos expedientes sancionadores en materia de pesca fluvial P-148/98 e P-207/98, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1992), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación

desta notificación, para presentar por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

Lugo, 6 de novembro de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-148/98.

Denunciado: Juan José Hortas D.Almeida. (DNI 33.836.038).

Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro s/n, Castroverde-Lugo.

Feitos imputados: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturado tres troitas de tamaño inferior ó regulamentario (14,5; 15 e 16,5) o día 9-5-1998, no río Rodil, couto de Ribeira de Piquín.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa e 5.000 ptas. de indemnización por danos e perdas.

Expediente nº: P-207/98.

Denunciado: Antur Evangelista Rodríguez. (DNI OR.007.272).

Último enderezo coñecido: Monte Penamá-Ourense.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca. Feitos constatados o día 28-6-1998, no río Miño, marxe dereita, presa de Belesar-Chantada.

Precepto sancionador: 34.1º da Lei de pesca 7/1992.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.

10247