Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-69/98, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións consideren pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da postestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 198 do 9-8-1993) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 6 de novembro de 1998.

P.A.

Paloma Quiroga López

Instructora

ANEXO

Expediente nº: P-68/98.

Denunciado: José Luis Cuba Crespo.

DNI: 76.407.449.

Enderezo: r/ Enríquez, nº 5-1º I, Mugardos-A Coruña.

Feito denunciado: pescar empregando máis canas das permitidas (dúas canas), infrinxindo o disposto no artigo 11 da Orde do 14-1-1998 (DOG do 3-2-1998) da Consellería de Medio Ambiente, o día 29-3-1998, no río Ladra-Ponte Rebordaos-Vilalba-Lugo.

Precepto sancionador: artigo 33.4º da Lei 7/1992.

Cualificación: leve.

Sanción: 5.000 ptas. de multa.

10420