Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno Corporativo Municipal, en sesión ordinaria do 30 de outubro de 1998, o proxecto de ordenación do medio rural do concello de Calvos de Randín, en cumprimento do disposto polo artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, ábrese un trámite de información pública, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicacion deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado o expediente e formularse as alegacións que se consideren oportunas.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias urbanísticas, cunha duración máxima dun ano, naquelas zonas do territorio obxecto de planeamento nas que as novas determinacións supoñan unha modificación do réxime urbanístico vixente.

En todo caso, a suspensión extínguese coa aprobación definitiva do planeamento.

Calvos de Randín, 3 de novembro de 1998.

Antonio López Martínez

Alcalde-Presidente

10766