Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-138/97 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47, 5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 4 de novembro de 1998.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxidoPrecepto sancionadorSanción

P-138/97Antonio Corbacho Fdez.

Insua nº 55

Ponte-Caldelas

Non respecta-las dimensións mínimas das especies ó capturar unha troita de 13 cm cando a dimensión mínima é de 19 cm. Feitos que tiveron lugar ás 13 horas do día 10 de maio de 1998 no río Oitavén, no lugar coñecido como Porto Vilán, no concello de Fornelos de Montes.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e indemnización de 1.000 ptas.

P-245/97Fco. Vilariño Pacheco

Insua

Ponte-Caldelas

Pescar sen permiso nun couto de pesca dándose á fuga ó ser sorprendido polos axentes. Feitos denuniados ás 21 horas do día 13 de agosto de 1997 no río Verdugo no lugar da Fraga do termo municipal de Ponte-Caldelas.Art. 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001 ptas. e unha Inhabil. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

P-73/98Manuel Granja Fondevila

Donsión 11

Lalín

Pescar sen levar consigo a licencia de pesca, ameazando o axente dicíndole: que no río hai moitos accidentes. Feitos acontecidos ás 19.30 horas do día 30 de marzo de 1998 no río Deza, lugar de Ponte Ribeira, concello de Lalín.Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial60.000 ptas. e Inhabil. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

10417