Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto con trámite de urxencia e tramitación anticipada, para o servicio de limpeza das Casas da Xuventude de Curtis e Pontedeume (A Coruña) para 1999.

A delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 46/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: realización do servicio de limpeza das Casa da Xuventude de Curtis e Pontedeume (A Coruña).

b) División por lotes e número: segundo o prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de execución: Casas da Xuventude de Curtis e Pontedeume.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 1999, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.050.000 pesetas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña, 15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas admi

nistrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 19 de novembro de 1998.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña

10416