Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 27 de novembro de 1998 Páx. 12.787

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-131/97 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 90/3110001181, de Caixa

Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de paga-la contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 5 de novembro de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto infrinxidoPrecepto sancionadorSanción

P-131/97José García Carrera

Xinzo-O Viso, 11

Ponteareas

Manipulación de escala para paso de salmónidos cerrándoa con axuda dunha chave inglesa. Feitos acontecidos á 1 horas do día 30 de abril de 1997, no río Tea, lugar da Freixa, do concello de Ponteareas.Art. 34.30º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.000 ptas. e unha Inhabil. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

P-183/97Jesús García Cortegoso

Loureiro Crespo, 48, 1ºD

Pontevedra

Pescar cinco troitas de tamaño inferir ó regulamentario (15,5-15-16-13,5 e 18 cm). Feitos que tiveron lugar ás 13.45 horas do día 26 de maio de 1998 no río San Vicente, no sitio da Ponte de San Vicente, no concello de Ponte-Caldelas.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000 ptas. e unha indemnización de 7.000 ptas.

P-216/97Luis A. Míguez Parada

Toural

Vilaboa

Pescar sen licencia de pesca. Feitos denunciados ás 18.45 horas do día 30 de xuño de 1997, no río Verdugo, no lugar de Arcade, no concello de Soutomaior.Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001 ptas. e unha Inhabil. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

10418