Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 26 de novembro de 1998 Páx. 12.700

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 328/1998, do 12 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 20 kV, C.T., R.B.T. Burgo-Lamas, no termo municipal de Boqueixón, provincia da Coruña. (Expediente 96/124).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, solicitou desta consellería, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 20 kV, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón, de 516 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Santa Baia de Vigo e final no C.T. que se vai instalar en Burgo, no termo municipal de Boqueixón (A Coruña). (Expediente 96/124).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 31-3-1997, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 7 de maio, no BOP da Coruña do 29 de abril, e no BOE do 25 de abril.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 31-3-1998, no BOP da Coruña do 21-3-1998, no xornal La Voz de Galicia do 16-3-1998, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Boqueixón e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública presentou escrito María Josefa Illobre Ferreiro, titular do predio nº 2, no que expón que non se identifican os bens afectados nin a necesidade de ocupación; que a titular xa tolerou o paso dunha liña de alta tensión, e que ó parecer esta liña estaba proxectada ó outro lado do camiño, sen que se comprenda a alteración. Por todo isto, solicita a denegación da solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiara para a súa contestación.

Á vista das alegacións e da resposta a elas por parte da empresa beneficiaria dedúcese que a empre

sa beneficiaria lle dirixiu ó titular do predio nº 2 unha descrición da afección.

Por outra banda, non procede denega-la solicitude da empresa beneficiaria, xa que o proxecto do que se ten constancia corresponde ó trazado proposto e aprobado con data do 31-3-1997, o cal discorre polo bordo noroeste do predio da alegante, paralelo ó camiño que delimita a súa propiedade, causándolle a menor afección posible.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo o certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no punto 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e os bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de novembro de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. da liña eléctrica, a 20 kV, C.T. e R.B.T. Burgo-Lamas (expediente 96/124), cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Boqueixón (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expro

piación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, doce de novembro de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

10600