Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 30 outubro de 1998 pola que se regula a elaboración do catálogo de expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional para a impartición de accións formativas nos centros de titularidade da Administración autonómica.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude dispón na actualidade dos centros de Formación Profesional Ocupacional de Ferrol (A Coruña), Santiago de Compostela (A Coruña), Lugo, Viveiro (Lugo), Ourense e Vigo-Coia, das Unidades de Acción Formativa de Ames, Melide e

Negreira (A Coruña) e de Monforte de Lemos (Lugo), ademais de diversos Equipos móbiles distribuídos pola Comunidade Autónoma.

As posibilidades de impartición de cursos nestas instalacións vense moi limitadas pola insuficiencia de persoal propio para poder atende-las necesidades de formación detectadas na Comunidade Autónoma e as dotacións materiais existentes neles.

Co obxecto de lle pór remedio a esta situación elabóranse estas bases para que, ó final do proceso, se poida proceder á contratación administrativa de expertos docentes para lograr que os nosos centros traballen a pleno rendemento.

A modalidade contractual elixida é a de traballos específicos e concretos non habituais da Administración, regulada no título IV do libro II da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, dado que as características que definen esta necesidade de actuación administrativa cumpren cos requisitos conceptuais sinalados no seu artigo 197.4º, xa que o obxecto do contrato, isto é, a impartición de cursos de formación ocupacional nestes centros, non pode ser atendido polo labor ordinario dos órganos administrativos e do persoal ó servicio desta consellería.

Por todo o anterior, e en virtude das competencias que teño atribuídas polo Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e consultado o Consello Galego de Ensinanzas Técnico Profesionais, dicto as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

O obxecto desta orde é a regulación da elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional, que servirá para selecciona-las persoas coas que, de se-lo caso, se asinarán os contratos administrativos pertinentes para a impartición de especialidades formativas nos centros de formación e nos equipos móbiles dependentes daquela.

Segunda.-Ámbito de aplicación.

Establecerase o Catálogo de Expertos con validez para todo o territorio da Comunidade Autónoma nas seguintes especialidades, agrupadas por familias profesionais:

AU0001 Mecánico reparador de automóbiles.

AU0214 Mecánico reparador motor diésel 4 tempos.

AU0101 Chapista pintor reparador carrocerías.

CM0614 Caldeireiro industrial.

CM0211 Carpinteiro de aluminio.

CO0411 Fontaneiro.

CO0458 Instalador gas para instalacións receptoras de edificio (IG II).

CO0414 Calefactor.

CO0755 Práctico topografía obra urbana.

DO0211 Metodoloxía didáctica.

EE0511 Reparador de electrodomésticos.

EE0413 Autómata procesos industriais eléctricos.

EE0351 Instalador electricista vivendas.

EE0311 Instalador electricista industrial.

EL0001 Auxiliar electrónica

EL0313 Técnico reparador TV.

EL0011 Técnico electrónica xeral.

FC0212 Frigorista comercial.

FC0252 Frigorista supermercados.

FC0253 Instalador reparador frigorista autorizado.

FC0311 Frigorista industrial.

HC0001 Horticultor.

MA0002 Auxiliar reparador equipos maquinaria agrícola.

MA0111 Tractorista agrícola básico.

MA0411 Conservador equipo maquinaria agrícola.

MF0252 Técnico automatismos óleo hidráulicos.

MF0151 Técnico automatismos pneumáticos.

MI0612 Mecánica mantemento industrial.

OP0112 Auxiliar práctico topografía.

SE0254 Soldador tubos en aceiro inoxidable TIG.

SE0152 Soldador MIG inoxidable e aluminio.

SE0113 Soldador semiautomática MAG.

SE0251 Soldador tubos alta presión en aceiros ó carbono con TIG e electrodos.

SE0351 Soldador por arco somerxido.

SE0252 Soldador tubos e bridas en sokett con tIG e electrodos.

TE0112 Vendedor técnico.

TE0114 Promotor de vendas.

TE0356 Técnico cálculo custos salarios nóminas.

Terceira-Fases da elaboración do catálogo.

A elaboración do Catálogo de Expertos constará de catro fases:

1ª.-Valoración curricular: esta primeira fase servirá para valora-la formación e a experiencia profesional e docente dos candidatos que reúnan as condicións mínimas de titulación e experiencia profesional sinaladas na base quinta.

O baremo que se utilizará para a antedita valoración será o seguinte:

1. Formación académica: máximo 2 puntos.

-Por cada título académico distinto e independente do esixido na convocatoria como imprescindible para o acceso:

-Doutor: 2.

-Licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50.

-Enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1.

-Bacharelato superior, FP2 ou equivalente: 0,50.

-Graduado escolar, FP1 ou equivalente: 0,25.

Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

2. Cursos de especialización recibidos: máximo 2 puntos.

-Por cada curso da especialidade ou complementario de máis de 50 horas, realizado con aproveitamento en centros oficiais, homologados ou concertados polas administracións públicas: 0,20.

3. Cursos de formación metodolóxica recibidos: máximo 2 puntos.

-Por ter realizado o curso de metodoloxía didáctica, de formación de formadores ou calquera outro de contido semellante impartido directamente polo Inem ou pola Xunta de Galicia ou ben validado pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de duración igual ou superior a 150 horas lectivas: 2.

4. Cursos de formación profesional ocupacional impartidos: máximo 6 puntos.

-Por cada curso de formación profesional ocupacional (de duración igual ou superior a 150 horas) da mesma especialidade: 0,50.

-Por cada curso de formación profesional ocupacional (de duración igual ou superior a 150 horas) doutra especialidade da mesma familia profesional ou afín: 0,30.

5. Experiencia profesional: máximo 6 puntos.

-Por cada mes traballado na especialidade nos últimos cinco anos: 0,15.

6. Cursos de galego: máximo 0,50 puntos.

-Iniciación: 0,25.

-Perfeccionamento: 0,50.

Só se valorará o grao superior alegado.

Só se lles concederá validez, polo que á acreditación do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª.-Probas teóricas profesionais: os aspirantes realizarán as probas teóricas profesionais que para cada especialidade concreta determinen a comisión de selección prevista no artigo seguinte, co fin de comproba-la súa actualización técnico profesional. Esta fase será eliminatoria, podendo acceder á seguinte aqueles candidatos que obteñan unha puntuación igual ou superior a 10 puntos sobre un máximo de 20.

3ª.-Probas prácticas: os aspirantes que superen as probas teóricas profesionais realizarán as probas prácticas que para cada especialidade concreta determine a comisión de selección, co fin de com

proba-la súa destreza profesional. Esta fase será eliminatoria, podendo acceder á seguinte aqueles candidatos que obteñan unha puntuación igual ou superior a 10 puntos sobre un máximo de 20.

4ª.-Entrevista: os aspirantes que superen as fases das probas teórico e prácticas pasarán a integrarse no Catálogo de Expertos da especialidade de que se trate e faráselles unha entrevista persoal que se puntuará cun máximo de 5 puntos. A comisión que realice esta entrevista aplicaralles ós aspirantes unha proba non puntuable que determine as súas aptitudes e actitudes psicopedagóxicas.

A puntuación total de cada candidato será dada pola suma dos puntos obtidos en cada unha das catro fases descritas e establecerase a orde de prelación dos expertos en función da puntuación global obtida.

Cuarta.-Comisión de selección.

Na Dirección Xeral de Formación e Colocación constituirase unha comisión de selección que estará presidida polo subdirector xeral de Formación Ocupacional e integrada polos xefes dos servicios de Planificación e Xestión Administrativa de Formación Ocupacional, por un técnico de formación ocupacional designado polo subdirector xeral e por un representante das organizacións sindicais máis representativas no ámbito autonómico.

A comisión poderá nomear asesores para cada unha das especialidades formativas na que se vaia constituí-lo Catálogo de Expertos.

Quinta.-Requisitos dos solicitantes.

1. Poderán presentar solicitude para seren incluídos no Catálogo de Expertos de cada unha das especialidades sinaladas na base primeira todas aquelas persoas que reúnan os requisitos mínimos de titulación e experiencia profesional, relacionados coa especialidade solicitada, que para cada caso concreto se sinalan no parágrafo terceiro.

Cada persoa poderá presentar como máximo tres solicitudes, sempre e cando se trate de especialidades da mesma familia profesional.

Así mesmo, deberán ter plena capacidade de obrar e non estar comprendidas en calquera das prohibicións para contratar coa Administración sinaladas no artigo 20 da Lei 13/1995, do 13 de maio.

2. Requisitos de acceso:

a) Especialidades nas que se require experiencia profesional de 3 anos e titulación mínima relacionada coa especialidade:

AU0001 Mecánico reparador de automóbiles-FP2.

AU0214 Mecánico reparador motor diésel 4 tempos-FP2.

AU0101 Chapista pintor reparador carrocerías-FP2.

CM0614 Caldeireiro industrial-FP2.

CM0211 Carpinteiro de aluminio-FP2.

CO0411 Fontaneiro-FP2.

CO0458 Instalador gas instalacións receptoras de edificio (IG II)-FP2.

CO0414 Calefactor-FP2.

CO0755 Práctico topografía obra urbana: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

EE0511 Reparador de electrodomésticos-FP2.

EE0413 Autómata procesos industriais eléctricos-FP2.

EE0351 Instalador electricista vivendas-FP2.

EE0311 Instalador electricista industrial-FP2.

EL0001 Auxiliar electrónica-FP2.

EL0313 Técnico reparador TV-FP2.

EL0011 Técnico electrónica xeral-FP2.

FC0212 Frigorista comercial-FP2.

FC0252 Frigorista supermercados-FP2.

FC0253 Instalador reparador, frigorista autorizado-FP2.

HC0001 Horticultor: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

MA0002 Auxiliar reparador equipos maquinaria agrícola- FP2.

MA0111 Tractorista agrícola básico-FP2.

MA0411 Conservador equipo maquinaria agrícola-FP2.

MF0252 Técnico automatismos óleo hidráulicos: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

MF0151 Técnico automatismos pneumáticos: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

MI0612 Mecánica mantemento industrial-FP2.

OP0112 Auxiliar práctico topografía: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

TE0112 Vendedor técnico: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

TE0114 Promotor de vendas: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

TE0356 Técnico cálculo custos salarios nóminas: diplomado universitario, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico ou titulación equivalente.

b) Especialidades nas que se require experiencia profesional de 5 anos e titulación mínima:

SE0254 Soldador tubos en aceiro inoxidable TIG-FP2.

SE0152 Soldador MIG inoxidable aluminio-FP2.

SE0113 Soldador semiautomática MAG-FP2.

SE0251 Soldador tubos alta presión en aceiros ó carbono con TIG e electrodos-FP2.

SE0351 Soldador por arco somerxido-FP2.

SE0252 Soldador tubos e bridas en sokett TIG e electrodos-FP2.

c) Especialidade na que se require tres anos de experiencia profesional e licenciatura en psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía ou ciencias da educación:

-Metodoloxía didáctica DO-0211.

Cando a titulación mínima esixida sexa F.P.2 admitiranse tamén aqueloutras que sexan equivalentes.

Sexta.-Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou na Dirección Xeral de Formación e Colocación no modelo que se xunta no anexo I, no prazo de dez días naturais a contados desde o día seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Deberá presentarse unha instancia independente para cada unha das especialidades formativas nas que os solicitantes estean interesados, ata un máximo de tres da mesma familia profesional. En caso de figurar varias especialidades nunha instancia, só se atenderá a sinalada en primeiro lugar.

A documentación acreditativa, orixinal ou copias compulsadas de tódolos extremos consignados na solicitude, deberá ser presentada polos candidatos que superasen as fases sinaladas na base terceira. En caso de non presentarse ou de non poder acreditar tódolos extremos consignados nela, non serán incluídos no catálogo ou descontaráselle-la puntuación correspondente ós méritos non acreditados. Non será necesario repeti-la documentación que sexa común a tódalas especialidades solicitadas.

Para que a experiencia profesional sexa valorada deberán xuntarse os contratos de traballo e os TC2 correspondentes ó período ou períodos alegados ou certificación equivalente da Seguridade Social ou certificado de empresa e, de se-lo caso, o recibo de alta na licencia fiscal ou no imposto de actividades económicas, segundo proceda.

Sétima.-Réxime de contratación.

Elaborado o Catálogo de Expertos de cada unha das especialidades sinaladas na convocatoria, cando calquera delegación provincial precise a contratación dalgún experto para a impartición de cursos nos centros de formación da súa provincia deberán

acudir a el mesmo e respectar, en todo caso, a orde de prelación establecida.

O contrato terá carácter administrativo, e as dúas partes quedarán sometidas expresamente ó seu texto, ás disposicións previstas nelas bases e na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

As cuestións litixiosas xurdidas sobre a interpretación, modificación, resolución e os efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, poñendo os seus acordos fin á vía administrativa e contra eles caberá recurso contencioso-administrativo segundo o disposto na lei reguladora desta xurisdicción.

Para o caso de transacción e arbitraxe observarase o disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Oitava.-Impartición dos curso.

Os expertos que resulten contratados deberán imparti-los cursos seguindo as instruccións e directrices marcadas pola delegación provincial correspondente da consellería competente en materia de formación ocupacional, en canto ó contido dos cursos, réxime horario e demais cuestións de calquera índole que se consideren pertinentes.

Novena.-Réxime retributivo.

O réxime retributivo dos expertos contratados virá determinado polos módulos fixados pola Dirección Xeral de Formación e Colocación para a impartición de especialidades formativas por centros colaboradores e que se establecen anualmente en desenvolvemento das respectivas ordes de convocatoria do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional.

O pagamento do prezo realizarase por mensualidades vencidas e aboaranse cada mes as horas realmente impartidas.

Décima.-Renuncia á impartición de cursos.

Aqueles expertos que renuncien á impartición dalgún curso sen causa xustificada ou aqueloutros que incumpran calquera das condicións establecidas nestas bases ou na lexislación de contratos do Estado, sen prexuízo das consecuencias que dela se deriven, poderán ser excluídos do Catálogo de Expertos mediante resolución motivada do director xeral de Formación e Colocación.

O previsto no parágrafo anterior non será de aplicación cando un experto sexa convocado para impartir máis dun curso; neste caso deberá renunciar a aquel que considere oportuno.

Décimo primeira.-Modelos de solicitude.

Nos anexos I, II e III, respectivamente, establécense os modelos de solicitude, de designación pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e de aceptación polo contratista para utilizar neste procedemento.

Disposición adicional

Non se convocan probas e manterán a súa vixencia os actuais catálogos de expertos para as seguintes especialidades:

AC0016 Mariñeiro pescador.

AO0252 Proceso de textos.

AO0156 Aplicacións informáticas de xestión.

AO0152 Adminstrativo xestión fiscal empresa.

AO0212 Secretariado.

AO0151 Administrativo.

AO0159 Aplicacións informáticas de oficina.

AO0111 Auxiliar administrativo.

AR0411 Restaurador de mobles.

AR0112 Oleiro ceramista.

AU0251 Axustador de bombas de inxección lineais en bancos de probas.

CA0314 Experto en recuperación das marxes dos ríos.

CI0353 Patronista escalador.

CI0411 Maquinista confección industrial.

CO0112 Mantedor reparador de edificios.

CO0111 Albanel.

DE0213 Delineante de construcción.

DI0002 Debuxo básico asistido por ordenador.

EE0551 Especialista na reparación de lavadoras e lavalouzas.

EN0651 Auxiliar de enfermería en xeriatría.

FO0311 Motoserrista.

FO0111 Viveirista forestal.

FO0312 Traballador forestal cualificado.

HC0211 Cultivo de hortalzas baixo abrigo.

HO0513 Barman.

HO0111 Axudante de cociña.

HO0112 Cociñeiro.

HO0511 Axudante de restaurante bar.

IN0052 Analista de aplicacións informáticas.

IN0012 Programador aplicacións de xestión en contorno microinformático.

IN0054 Especialista en deseño asistido por ordenador.

IQ0351 Moldeador de poliéster reforzado.

MD0011 Ebanista.

OJ0211 Xardineiro

SC0001 Iniciación ós servicios sociais.

SC0011 Auxiliar de axuda a domicilio.

SE0112 Soldador ó arco con electrodo.

TE0254 Contabilidade e cálculo aplicado a PEMES.

TE8002 Xestión empresarial cooperativa.

TE0113 Vendedor de servicios.

TR0053 Técnico en manipulación e transporte de mercadorías perigosas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte da ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Segunda.-A vixencia do Catálogos de Expertos regulado nesta orde iniciarase para a programación de formación profesional ocupacional de 1999. Non obstante poderá prorrogarse anualmente coas actualizacións e modificacións que, de se-lo caso, se determinen.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

MODELO DE SOLICITUDE-CURRÍCULUM PARA A INCLUSIÓN NO CATÁLOGO DE EXPERTOS DA XUNTA DE GALICIA EN MATERIA DE FORMACIÓN PROFESIONAL OCUPACIONAL

Datos identificativos:

DNI

Apelidos

Nome

Data nacemento Provincia Concello

Enderezo Nº Piso

Provincia Concello C.P. Tfno.

Especialidades para as que solicita a súa inclusión no catálogo de expertos:

CódigoEspecialidade

Declaro, baixo a miña responsabilidade, que coñezo as bases da convocatoria e que son certos os datos que figuran nesta solicitude.

En , de de 199 .

Sinatura

Director general de Formación e Colocación

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

1. Formación académica.

TítuloEntidadePoboaciónDatas

2. Cursos de galego.

EntidadeDatas

Iniciación

Perfeccionamento

3. Cursos de especialización recibidos.

CursoCentro de

impartición

PoboaciónHorasDatas

4. Cursos de formación metodolóxica recibidos.

CursoCentro

impartición

DatasHoras

5. Cursos de formación profesional ocupacional impartidos.

CódigoEspecialidadeHorasEntidade

impartidora

Admón.

promotora

Datas

CódigoEspecialidadeHorasEntidade

impartidora

Admón.

promotora

Datas

6. Experiencia profesional.

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

Empresa Posto de traballo

Descrición del

Desde Ata

ANEXO II

MODELO DE DOCUMENTO DE NOMEAMENTO DA/AS PERSOA/AS QUE

COLABORARÁN COA CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE NA IMPARTICIÓN DE CURSOS DE FORMACIÓN

PROFESIONAL OCUPACIONAL

De conformidade co disposto no artigo 201.5º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e na base sétima das bases do ....., polas que se regula a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación profesional ocupacional e a realización de contratacións administrativas para a impartición de accións formativas nos centros da súa titularidade, designo para colaborar coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na impartición dos cursos de formación profesional ocupacional que se sinalan no anexo as persoas indicadas nel.

Santiago de Compostela, de de 199 .

ANEXO III

REUNIDOS

Dunha parte, MANUELA LÓPEZ BESTEIRO, conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, en representación da Xunta de Galicia.

E doutra parte, D/Dna con DNI na súa condición de EXPERTO DOCENTE EN FORMACIÓN OCUPACIONAL.

ACORDAN

A sinatura deste documento de aceptación do nomeamento para a realización de traballos específicos e concretos non habituais, realizado polo órgano de contratación ó abeiro do artigo 201.5º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, de acordo coas seguintes

CLÁUSULAS:

Primeira.-O obxecto do contrato é a colaboración coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na impartición dun curso de

comprendido na programación de formación profesional ocupacional do centro de no ano 199 e cunha duración de horas.

Segunda.-O prezo deste contrato é de

pesetas.

Terceira.-O contratista comprométese á realización das actividades sinaladas na cláusula primeira de conformidade coas bases que regulan a convocatoria para a elaboración do Catálogo de Expertos da Xunta de Galicia en materia de formación pro

fesional ocupacional que manifesta coñecer e aceptar.

Cuarta.-Este contrato extinguirase no momento en que se termine a impartición do curso sinalado na cláusula primeira.

Quinta.-En ningún caso nin circunstancia a existencia deste contrato suporá relación laboral de ningún tipo entre a Administración e o contratista.

Sexta.-A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, como órgano de contratación, terá as prerrogativas de interpreta-lo contrato, modifica-la prestación por conveniencia do servicio e de suspende-la execución por causa de utilidade pública, de acordo co disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio.

Sétima.-A xurisdicción contencioso-administrativa será a competente para coñece-las cuestións xurdidas sobre interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato.

Santiago de Compostela, de de 199 .

10724