Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 24 de novembro de 1998 Páx. 12.599

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta do convenio colectivo do sector das industrias de panificación.

Visto o texto da acta da comisión mixta do convenio provincial sectorial das industrias de panificación da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nestas dependencias o 30 de outubro de 1998, na que se establece a nova contía dos salarios dos aprendices de primeiro e de segundo ano respecto da que figuraba inicialmente na táboa salarial do citado convenio colectivo (publicado no BOP, nº 195, do 8-10-1998 e no Diario Oficial de Galicia nº 214, do 4-11-1998), esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90, Ap. 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita acta no libro de rexistro de convenios colectivos de tra

ballo que consta nesta delegación, con notificación á comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de novembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Asistentes:

Comisións Obreiras (CC.OO.):

Delmiro Lamas Barcia.

Manuel Vila Abalde.

Odilo Gabeán Outerelo.

Francisco Cousiño Vázquez.

Manuel Fernández Outerelo (asesor).

Ángel Veiga Vidal (asesor).

Santos Álvarez Otero (asesor).

Unión Xeral de Traballadores (UGT):

David Ruano Rodríguez.

María del Carmen Pena Rivera (asesora).

Erundino Dias Rodríguez (asesor).

Confederación Intersindical Galega (CIG):

José Manuel Estévez Rodríguez.

Luciano Villar González (asesor).

Antonio Vidal (asesor).

Asociación Provincial Ind. Panificación (Aproinpa).

Fernando Figueira.

Salustiano Pérez Domínguez.

Jesús Abalde Guiadanes.

Luis Vilela Aris.

Severino Fernández Piedras.

Carlos Gargamala Bello.

Humberto Reboreda Sousa (asesor).

Antonio Gutiérrez Solla (asesor).

En Vigo, nos locais da Asociación Provincial de Pontevedra (Aproinpa), ás 19 horas do día 20 de outubro de 1998, reúnense as persoas que á marxe se detallan como representantes da comisión mixta do convenio provincial sectorial das industrias de panificación da provincia de Pontevedra, relativo ó exercicio de 1998, co fin de efectuar unha corrección na súa táboa salarial, chegando ó seguinte acordo:

Apróbase a táboa salarial anexa ó vixente convenio provincial sectorial da provincia de Pontevedra, para o exercicio de 1998, na redacción que se xunta no anexo e que se depositará no órgano correspondente da Xunta de Galicia, segundo a normativa correspondente.

A mencionada táboa salarial substitúe a aprobada e depositada no seu día, para o mesmo exercicio.

E non habendo máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión, ás 19 horas do mesmo día.

Táboa salarial en vigor a partir

do 1 de xaneiro de 1998

Categoría profesionalSalarios

Técnicos
Xefe de fabricación87.107
Xefe de taller mecánico85.281

Administrativos
Xefe de oficina e contabilidade87.107
Oficial administrativo78.603
Auxiliar de oficina74.046

Categoría profesionalPtas./Día

En panaderías totalmente mecanizadas
Axudante encargado2.469
Amasador2.469
Axudante amasador2.467
Especialista, fogoneiro, acendedor oficial2.469
Mecánico de 1ª2.469
Mecánico de 2ª2.469
Mecánico de 3ª2.469
Peón2.469

Nas restantes panaderías
Mestre encargado2.606
Oficial de pa2.606
Oficial de masa2.536
Oficial de mesa2.482
Axudante2.482
Aprendiz de primeiro ano2.117
Aprendiz de segundo ano2.117

Dos servicios complementarios
Maordomo2.469
Chofer2.592
Vendedor en establecemento2.469
Transportador de pan a despacho2.469
Repartidor a domicilio2.469

Categoría profesionalPtas./Hora

Persoal de limpeza
Persoal de limpeza357

10289